sábado, 31 de outubro de 2026

CONTACONTOS EN SAMAÍN

Contacontos de Samaín: Os maiores enchen o cole de misterio 👻🎃

O Samaín xa está aquí e celebramos un encontro de contacontos moi especial entre o alumnado do cole:

  • O alumnado de 6º invitou a Educación Infantil a escoitar o seu conto na biblioteca.

  • O alumnado de 5º fixo o mesmo con 1º e 2º de Primaria.






Con días de ensaios e moita imaxinación, os maiores prepararon historias terrorificamente divertidas que fixeron gozar, sorprenderse e rir aos máis pequenos. Unha actividade xenial para celebrar o Samaín e fomentar a convivencia entre todo o colexio! 🦇

venres, 30 de outubro de 2026

SAMAÍN

Un Samaín inesquecible no cole: Disfraces, xogos e... gran estrea no patio! 🎃✨

O colexio viviu un día de Samaín máis ca emocionante! O alumnado encheu as aulas e os corredores de cor, misterio e diversión grazas aos fantasmas, meigas, vampiros e monstros de todo tipo que viñeron disfrazados para a ocasión.

A xornada —e toda a semana— estivo chea de momentos especiais:

  • Creatividade na biblioteca: Durante toda a semana, a biblioteca e as aulas convertéronse nun estudio de arte onde os nenos e nenas participaron en actividades de debuxo creativo para dar vida aos monstros máis terroríficos (e orixinais!).





  • O ximnasio terroríficamente divertido por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: Habilitouse un espazo de xogo especial de Samaín cun circuíto no que o alumnado só podía emprega unha lanterna par poder saír. Sabichón e Salnesiña foron os encargados de explicar a actividade!


  • A nosa terrorífica exposición de cabazas: Coma todos os anos, organizamos unha exposición de cabazas. Nas seguintes imaxes podedes ver que a imaxinación non ten límites!






  • A gran estrea das 12:00: Xusto ao mediodía vivimos un dos momentos máis agardados: a presentación oficial da nova casiña do patio! Un novo espazo de xogo e convivencia que nos vai regalar grandes momentos de diversión durante os recreos. Poderedes ver máis información sobre a casiña e a nosa invitada de honra nas próximas publicacións do blog!



Feliz Samaín a todos e todas!👻









CLUB DE LECTURA 5º E 6º: "PLAN DE RESCATE"

Unha vez desvelado o título do primeiro libro co que imos traballar no club  este curso ("Plan de rescate") o alumnado de quinto e sexto xa comezou a ler os seus primeiros capítulos, nos que poideron achegarse aos seus personaxes protagonistas.

Nesta sesión realizouse unha posta en común e intercambiáronse impresións sobre a obra para rematar cunha dinámica na que había que relacionar e identificar descricións e expresións que aparecían na lectura cos seus personaxes correspondentes. 

Esta historia comeza a poñerse realmente emocionante. Vémonos na seguinte sesión! 





xoves, 29 de outubro de 2026

VOLVEMOS CON TODO Á RADIO

Xa está de volta o Podcast Sabichón 🎙️🌿

Estamos de celebración no cole! Despois dun tempo de descanso, a nosa querida radio escolar volve á carga co Podcast Sabichón, un espazo creado e conducido con moitísima ilusión por parte do alumnado de 6º de Primaria.

Nesta primeira sesión da tempada, os nosos locutores e locutoras de 6º —Gisela, Naima, Zaira, Rocío e Aarón— puxéronse diante dos micrófonos (aínda que botamos moito de menos á nosa compañeira Danna, que non puido asistir ese día!).

Unha visita moi especial: Entrevista a Uxía 🌸

Para este gran regreso, o equipo tivo o luxo de contar cunha invitada de excepcional: Uxía, a mestra en prácticas que nos acompañou durante o curso pasado e que deixou unha pegada marabillosa en todo o colexio.

A conversa foi xirando arredor do noso proxecto estrela: BIZONATUREZA. Con el buscamos coñecer a fondo a natureza e a nosa contorna próxima. 

Para rematar... Un xogo de flores! 🌼🌷

Como non podía ser doutro xeito neste programa, a entrevista rematou cun divertido xogo final. O equipo puxo a proba a Uxía cun cuestionario sobre flores para descubrir cales son as súas preferidas e poñer un toque de cor e humor ao peche do programa.

Non vos podedes perder o resultado desta gravación tan especial. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1lNkyVsc9iXdWqW1W7kHcduTZfrDzXQla/view?usp=sharing

mércores, 28 de outubro de 2026

PODCAST OS FUTBOLISTOS: REAL MADRID VS ROMA

Chegan OS FUTBOLISTOS: O novo podcast escolar onde o fútbol se vive sen pelos na lingua!

Xa está aquí o primeiro episodio de OS FUTBOLISTOS, o podcast deportivo feito pola rapazada de 6º de Primaria!




Nesta estrea, os nosos tertulianos métendose de cheo nun dos partidos máis tolos e polémicos a vitoria do Real Madrid por 3-4 no campo da A.S. Roma.

⚽ Que vas atopar neste episodio?

  • Análise das xogadas clave,  polémica e opinións sen filtro.



📲 Escoita xa o Episodio 1:

https://drive.google.com/file/d/1YU5rSMGc_exdHax3Mm-b7lndoIbab5B3/view?usp=sharing 

  • Vídeo da sesión:

💬 E ti, que opinas? Deixa o teu comentario abaixo!

luns, 26 de outubro de 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS

 🎒 ¡Comezan a rodar as Mochilas Viaxeiras no colexio! 📚

Queridas familias:

Xa están preparadas e listas para saír a viaxar polas vosas casas as nosas Mochilas Viaxeiras!





❓ Que son as Mochilas Viaxeiras?

As mochilas viaxeiras son moito máis ca unha maleta chea de lecturas: son unha oportunidade para compartir momentos especiais en familia arredor dos libros, da imaxinación e do xogo.

Cada mochila inclúe unha coidadosa selección de:

  • 📖 Libros de lectura (contos, banda deseñada, informativa...)

  • 🎲 Xogos en familia ou propostas manipulativas

  • 📓 O Diario de Viaxe da mochila

🗓️ Como funcionan?

  • Tempo de desfrute: Cada alumno/a levará a mochila para a súa casa durante unha semana completa.

  • O Diario de Viaxe: Dentro da mochila atoparedes un caderno ou libro de rexistro moi especial. Nel, o alumnado (co axuda da familia se o precisa) deberá escribir ou debuxar cal foi o libro ou xogo que máis lle gustou e por que. Así, a seguinte familia poderá ler as recomendacións dos seus compañeiros e compañeiras!

  • Coidado da mochila: Pedímosvos a vosa colaboración para coidar con moito mimo todo o material que vai no interior, garantindo que chegue en perfectas condicións á seguinte casa.

A lectura é unha aventura que se desfruta mellor en compañía.

¡Boas lecturas e boa viaxe! 🚀📚