Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de maio de 2025

GAÑAMOS O SEGUNDO POSTO NO CERTAME "DÍGOCHO EU"!

Estamos cheos de ledicia e orgullo por compartir unha nova marabillosa: o noso colexio obtivo o segundo posto no prestixioso certame escolar "Dígocho Eu", organizado pola CRTVG coa colaboración da Xunta de Galicia.

 Este concurso, que xa vai pola súa terceira edición, ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre a mocidade a través da creación de vídeos orixinais e creativos.


O alumnado de 2º curso, baixo a coordinación da súa mestra responsable, Ruth Froufe, puxo todo o seu talento e entusiasmo na elaboración dun vídeo que destacou pola súa calidade lingüística, expresividade e innovación. 

Aqui vos deixamos o enlace á nova: 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2025/05/16/segundo-posto-digocho-eu/0003_202505A16C5993.htm

Este logro non só reflite o esforzo e a creatividade do noso alumnado, senón tamén o compromiso do cole coa promoción da nosa lingua e cultura. 

Aqui vos deixamos o vídeo gañador! Noraboa rapaces!

Queremos felicitar aos nenos e nenas e á profe que posible este éxito e animar a toda a comunidade educativa a seguir participando en iniciativas que celebran e promovan o uso do galego.

SAÍDA PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS 2025

 O pasado martes 13 de maio, o noso alumnado tivo a sorte de participar nunha actividade moi especial organizada pola Axencia de Lectura de San Vicente para homenaxear as Letras Galegas 2025.

Ás 11.00 h recibimos con moita ilusión a María Faltri, que chegou coa pandeireta na man cun espectáculo cheo de música, alegría e tradición. Durante 50 minutos,  mergullamonos na riqueza da música tradicional galega e descubrimos, dunha maneira lúdica e participativa, a importancia da tradición oral na nosa cultura.

A través dun coidado repertorio de cantigas emblemáticas da nosa música popular,  foi unha ocasión perfecta para vivir a tradición galega dende a emoción, o ritmo e o xogo.


Desde o colexio queremos agradecer á Axencia de Lectura de San Vicente esta marabillosa iniciativa e a María Faltri pola súa entrega e talento. Actividades coma esta axudan a fomentar o amor pola lingua e cultura galega, sementando curiosidade e respecto pola nosa identidade dende as primeiras idades.

Seguiremos a celebrar as Letras Galegas todo o mes, con lecturas, músicas e moita creatividade!

martes, 28 de maio de 2024

17 DE MAIO- DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas con diferentes actividades!

O equipo de EDLG preparou varias actividades de investigación en relación á autora homenaxeada neste 2024, Luisa Villalta entre as que destacaron: pasatempos, sopa de letras, marcapáxinas, debuxar a portada dun dos libros da autora...



Ademais, a mestra de EF organizou unha serie de xogos tradicionais:  sete e medio, solitario celta, xogo da república, xogo das landras, das esquinas...

 

Para rematar a xornada, un grupo de nenas de 4º de EP prepararon unha canción tradicional galega que interpretaron para todos e que podedes ver aquí. Fixerono xenial!


xoves, 23 de maio de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA DE SAN VICENTE POLAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, que como sabedes, este ano se lle adica a Luisa Villalta; asistimos a un contacontos na Axencia de Lectura da Biblioteca de San Vicente. 

 Aquí vos deixamos un pequeno resumo da xornada!



xoves, 25 de maio de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS XUNTO CO CEIP CONMENIÑO

Nestas letras galegas 2023, nas que homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego, levamos a cabo unhas actividades moi divertidas e emocionantes, xa que colaboramos co colexio CEIP Conmeniño para facelo. 

Así, cada ciclo elaborou un mural con actividades sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado este ano. Estes murais con tarefas, imaxes, vídeos, xogos, retos... viaxaron ata o CEIP Conmeniño, onde alí realizaron as actividades que lle propuxemos. Do mesmo xeito, eles realizaron tamén uns murais por ciclos para que nos puidesemos disfrutar e aprender. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos creando os nosos murais e aprendendo coas actividades que nos plantexaron os nenos e nenas do CEIP Conmeniño. Foi toda unha experiencia!


Pinchade nas imaxes para ver máis!

xoves, 18 de maio de 2023

O MAGO PACO

Este martes 16 o alumnado do centro achegouse andando á Casa da Cultura en San Vicente, onde os esperaba o espectáculo do Mago Paco e para celebrar a Semana das Letras Galegas.

Este mago sorprendeunos combinando trucos de maxia e historias sobre igualdade de xénero, un dos obxectivos que traballamos no noso proxecto (ODS 5). Aprendemos un montón e pasámolo xenial, xa que ademais, algúns dos nenos e nenas convertironse en protagonistas do espectáculo!

Grazas mago Paco! 

Aquí vos deixamos un resumo da xornada!



"CHOCOLATE" NA CULTURAL DE SAN VICENTE

Este xoves 18 de maio o alumnado do centro saíu de novo ata a Cultural de San Vicente para ver unha obra de teatro chamada "Chocolate", para celebrar así a Semana das Letras Galegas.

Nela, dous cociñeiros buscaban a receita perfecta do chocolate, polo que se embarcaron nunha viaxe con moitos obstáculos ata que por fin conseguiron facer o mellor chocolate.

Proba diso está no seguinte vídeo, xa que tivemos a sorte de poder degustar a receita de chocolate máis deliciosa! Mirade que ben o pasamos e que rico comemos!

martes, 17 de maio de 2022

Día das Letras Galegas 2021/2022

Hoxe, 17 de maio, festexamos o Día das Letras Galegas. 

Para celebralo actualizamos o noso vídeo dicionario con máis verbas relacionadas coa nosa terra e contorna tal como facía Florencio Delgado Gurriarán na súa obra, poñendo en valor o agro, a natureza e a nosa cultura.

Para ver o vídeo dicionario premede na imaxe.



Ademais, realizamos un pequeno festival no que por grupos, os nenos/as cantaron cancións populares da nosa tradición galega. Os encargados de ensaiar e dirixir aos grupos foron os alumnos/as de 6.º de Primaria. Fixérono xenial!

OS ENSAIOS...

 "A RIANXEIRA"

 

"SEMENTAR SEMENTAREI"
 

"A SAIA DA CAROLINA"

"PIRIPIMPIM"


 "O GALO CANTA"


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!


luns, 17 de maio de 2021

Letras Galegas

 Como sabedes o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

Este ano adícase a Xela Arias e aprendemos moitas cousas sobre ela.

 “O idioma é o principal signo dunha cultura. Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma ”, dicíao Xela en 1988. 

Xela era unha artista das palabras. A modo de homenaxe recopilamos as palabras que mais nos gustan do noso idioma neste dicionario.

Premendo en cada palabra pódese ver a súa definición. 

Para velo en dispositivos Android é recomendable descargar o archivo no dispositivo.

Aquí o tendes.