Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Como cada trimestre, o equipo de biblioteca prepara unha selección de recomendacións lectoras para seguir desfrutando dos libros dentro e fóra da aula.  Aquí vos deixamos as do terceiro trimestre, con propostas para todas as idades… e tamén para as familias!

Un libro sempre é unha gran opción: entretén, fai voar a imaxinación e acompáñanos en calquera lugar.

Podedes atopar todos estes títulos en calquera libraría, pero animámosvos especialmente a apostar polo comercio local e optar pola libraría de proximidade do Grove.

 



Bo verán!! 


mércores, 25 de marzo de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO 2º TRIMESTRE

 Como cada trimestre, o equipo de biblioteca prepara unha selección de recomendacións lectoras para seguir desfrutando dos libros dentro e fóra da aula.  Aquí vos deixamos as do segundo trimestre, con propostas para todas as idades… e tamén para as familias!

Achéganse as vacacións do segundo trimestre e é un momento perfecto para escoller unha boa lectura. Un libro sempre é unha gran opción: entretén, fai voar a imaxinación e acompáñanos en calquera lugar.

Podedes atopar todos estes títulos en calquera libraría, pero animámosvos especialmente a apostar polo comercio local e optar pola libraría de proximidade do Grove. 



Agardamos que atopedes unha historia que vos enganche. 


Boas lecturas e felices vacacións! 


xoves, 18 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL 2025

O Equipo de Biblioteca, en colaboracion coa librería Nobel do Grove, elaborou as seguintes recomendacions lectoras para o Nadal!

Como novidade, este curso engadimos tamén recomendacións para as familias!

Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo: acompaña, fai medrar e esperta o gusto pola lectura, axuda a imaxinar, a aprender e a compartir momentos bonitos.





Bo Nadal!

mércores, 2 de xullo de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2025

 O Equipo de Biblioteca elaborou as seguintes recomendacións lectoras para o verán.

 Lembrade que un libro  é unha porta aberta ao mundo: animemos aos nosos nenos a ler para que descubramos con eles e elas infinitas aventuras e aprendizaxes. 

Bo verán!


xoves, 10 de abril de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2º TRIMESTRE

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos estas recomendacións lectoras para as vacacións do 2º trimestre.

Ademais, podedes atopalos na librería do Grove! 


 Vémonos á volta!

xoves, 12 de decembro de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos estas recomendacións de Nadal. 

Un libro sempre é un acerto como agasallo e podedes atopalos nas librerías da zona!



luns, 18 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

En colaboración coa librería do Grove, a librería Espazo Lector Nobel, o equipo de biblioteca recolleu unha serie de recomendacións lectoras para o Nadal. 

Os libros son moi boas opcións para un agasallo!! 

PRELECTORES



LECTORES PRINCIPIANTES



LECTORES/AS AUTÓNOMOS



LECTORES/AS  EXPERTOS



Moi bo Nadal e feliz 2024!

mércores, 14 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN POLO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

Aquí vos deixamos o podcast que gravamos durante estas últimas semanas coas recomendacións lectoras do alumnado do Club de Lectura. 

Pinchade na imaxe para escoitalas!


martes, 20 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos unha guía de recomendacións lectoras para o Nadal e ademais, podedes atopalos nas librerías do Grove😜

Un libro sempre é un bo agasallo! Que pasedes un bo Nadal!



venres, 13 de maio de 2022

DÍA DO LIBRO 2021/2022

 semana 18-22 de abril de 2022

Con motivo da celebración do Día do Libro, realizamos diversas actividades ao longo da semana:

CREAMOS PORTADAS DE CONTOS

Os/as voluntarios/as da biblioteca elaboraron...

CARTEIS INFORMATIVOS

Realizamos LECTURAS en todas as aulas.

Participamos nun xogo no que cada neno/a escribía un parágrafo dun conto e os demais tiñan que adiviñar QUE CONTO É?

E por se fora pouco, gravamos un vídeo con varios...

BOOKTRAILERS

  FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

xoves, 25 de febreiro de 2021

Booktubers



 Ola a tod@s.

Dende os equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega estamos a preparar un novo apartado onde atoparedes recomendacións lectoras. 


"Eu veño a falar do meu libro"


Aquí tendes as recomendacións lectoras do 2º trimestre do noso alumnado.

Que "booktuber" se agochará detrás de cada portada?

Preme para averigualo.




























ACTUALIZACIÓN DO 3º TRIMESTRE
O grupo de 4º de Primaria nos fai unhas recomendacións de lectura para as vacación de verán.