venres, 24 de febreiro de 2023
FINALISTA E GAÑADOR DO CONCURSO DO LOGO DO PDI
xoves, 23 de febreiro de 2023
CHARLA DA MATRONA SOBRE A MENSTRUACIÓN
Este xoves 16 tivemos a sorte de recibir á matrona do Grove, que nos veu falar sobre a menstruación ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pareceunos moi interesante e aprendemos un montón!
luns, 20 de febreiro de 2023
entrOiDo bizocaS 2023
Este venres 17 celebramos no cole o entroido, aínda que durante toda a semana xa nos estivemos preparando cos diferentes mandadiños do meco que profesorado, alumnado e familias seguimos! Aquí vos deixamos mostras do ben que o pasamos durante toda esta semana!
Pinchade nas fotos para ver máis!
O luns trouxemos algo de papel reutilizado na cabeza (ODS 12):
O martes, tela no pescozo (ODS 12):
O mércores plástico nos pés (ODS 12):
O xoves viñemos en pixama (ODS 3):
E o venres co noso disfraz das ODS:
Ademais, o venres foi unha xornada diferente, na que comezamos a mañá cun photocall elaborado polo alumnado de 6º no que sacamos fotos todos os cursos lucindo os nosos disfraces reciclados!
A continuación comezamos co desfile por ciclos ao que estaban invitadas as familias e no que o pasamos moi ben! Ademais, cada curso elaborou diferentes pezas dun puzzle que formarían as 17 ODS e que quedou así de chulo! Noraboa!!
Ao rematar o desfile, bailamos a canción que estivemos preparando na aula de música e que podedes escoitar a continuación, clicade na imaxe para escoitala!
Despois profesorado, alumnado e familias comemos xuntos doces típicos do entroido que as familias trouxeron para compartir. Estaba todo riquísimo!
Para rematar o día, visitamos aos nosos veciños do IES As Bizocas: desfilamos no patio, actuamos cantando e bailando a nosa canción de entroido e presenciamos o seu concurso de comparsas. Fixérono xenial e pasámolo moi ben! Repetiremos seguro!
Foi un día moi especial onde tivemos presente en todo momento o noso proxecto, as ODS!
🎭Bo entroido!🎭
mércores, 15 de febreiro de 2023
AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA SEGUNDA VOLTA
Como sabedes, a finais do mes de outubro as mochilas viaxeiras comezaron o seu camiño acompañando ao alumnado durante unha semana. Así pois, as mochilas xa percorreron todas as casas do noso alumnado, polo que comezan a súa segunda volta, con novos libros e novas sorpresas! Agardamos que vos gusten.
Ademais, moitos de vós enviáchedesnos fotos disfrutando da mochila coa vosa familia, e que ben o pasástedes!
Pinchade na foto para ver máis!
martes, 14 de febreiro de 2023
NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
Este luns 13 de febreiro tivemos unha nova sesión cos membros do Club de Lectura. Nesta sesión explicamos a seguinte actividade, que consistirá nun contacontos aos nenos e nenas de Educación Infantil. Repartimos os libros aos diferentes grupos e vimos algún consello para facer un bo contacontos!
Agora a ensaiar! Seguro que o fan xenial!
luns, 13 de febreiro de 2023
SAÍDA AO OBSERVATORIO DE AVES DE 5º E 6º
sábado, 11 de febreiro de 2023
CIENTÍFICAS GALEGAS
Hoxe 11 de febreiro é o Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia e para celebrar esta conmemoración as nenas e nenos do 3º curso estiveron buscando información sobre científicas galegas na biblio, tales como Isabel Zendal, Ángeles Alvariño, Olimpia Valencia e Manuela Barreiro, por que son coñecidas estas referentes e cales foron as súas achegas máis importantes. Con isto elaboramos uns carteles informativos cos que fixemos un pequeno mural para expor nun dos corredores do cole. Así mesmo, esta tarefa relacionámola co noso PDI e, concretamente, co obxectivo 5. Igualdade de Xénero.
Esperamos que vos guste.
venres, 10 de febreiro de 2023
MANDADIÑOS DO MECO- ENTROIDO 23
Boas amiguiños e amiguiñas!
Aquí vos presento os mandadiños deste entroido! Lembrade que o venres 17 faremos o desfile a partir das 10.30h e a merenda conxunta! As familias tamén estades convidadas a vir!
xoves, 9 de febreiro de 2023
PODCAST DO LIBRO "VOLVERÁS, GOLFIÑO" NO CLUB DE LECTURA
Como vos prometemos en entradas anteriores, aquí tedes o podcast do libro que lemos no Club de Lectura. Xa veredes que hai variedade de opinións!
Como veredes, o libro está incluido dentro do noso proxecto, xa que nos fala da importancia do coidado do medio ambiente e de desastres naturais como foi o Prestige.
Esperamos que vos guste! Pichade na foto para escoitalo enteiro!
luns, 6 de febreiro de 2023
mércores, 1 de febreiro de 2023
VISITA DE BAIA FERNÁNDEZ
Luns 30 de xaneiro de 2023
Hoxe recibimos unha visita moi especial no colexio. A escritora e educadora emocional Baia Fernández De La Torre achegou aos nenos e nenas de 1.º e 2.º de Primaria a historia de "Laia". Trátase dun conto que ten como protagonista a Laia, unha nena pensativa, soñadora, amante da natureza e da "música paxaril".
A través da historia desta nena tan especial, adentrámonos no mundo das emocións e dos superpoderes das persoas, que nos converten en seres diferentes e únicos.
Grazas Baia por facernos descubrir o noso superpoder.
Pasámolo en grande!
Nos vos perdades o vídeo da actividade!
DETECTIVES DA NATUREZA 1.º E 2.º E.P.
Venres 27 de xaneiro de 2023
Aproveitando a chegada do bo tempo, os alumnos/as de 1.º e 2.º de Primaria realizaron unha saída pola contorna para elaborar un caderno de campo. Previamente explicouse na clase que é un caderno de campo e como se elabora, que normas debían cumprirse para non danar a natureza, etc.
Organizados en grupo de 3 - 4 compoñentes, recolleron mostras de diferentes seres vivos (plumas, cunchas, follas...) e fotografiaron aspectos que chamaron a atención (lixo na natureza, regatos, carteis informativos...).
A vindeira semana poñerán en común os resultados dos cadernos de campo elaborados por cada equipo.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo da actividade.
O LAPIS MÁXICO DE MALALA
Este luns día 30 celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e da Paz xunto co Día da Educación (24 de xaneiro) cunha actividade moi especial: adicamos o día a Malala.
Malala escribiu un conto no que desexaba ter un lapis máxico para poder cambiar o mundo e eliminar todas as inxustizas que vivía. Os nenos e nenas de 5º e 6º realizaron un contacontos deste libro, e fixérono de marabilla. Ao rematar o contacontos, entregaron a cada neno e nena un "lapis máxico" e un marcapáxinas.
Co lapis máxico creamos o noso muro da paz, escribindo cada un o seu desexo para a paz. Neste mural colaboramos todos e todas: as familias aportaron os bricks de leite que se converteron en pezas do muro da paz, os mestres e mestras colaboraron na organización e o título foi creado polos nenos e nenas de Ed. Infantil, o debuxo foi realizado polo 1º ciclo e a biografía de Malala que aquí vos deixamos foi elaborada polos nenos e nenas de 3º e 4º.
Para velo teredes que escanear este código QR!