🎒 ¡Comezan a rodar as Mochilas Viaxeiras no colexio! 📚
Queridas familias:
Xa están preparadas e listas para saír a viaxar polas vosas casas as nosas Mochilas Viaxeiras!
❓ Que son as Mochilas Viaxeiras?
As mochilas viaxeiras son moito máis ca unha maleta chea de lecturas: son unha oportunidade para compartir momentos especiais en familia arredor dos libros, da imaxinación e do xogo.
Cada mochila inclúe unha coidadosa selección de:
📖 Libros de lectura (contos, banda deseñada, informativa...)
🎲 Xogos en familia ou propostas manipulativas
📓 O Diario de Viaxe da mochila
🗓️ Como funcionan?
Tempo de desfrute: Cada alumno/a levará a mochila para a súa casa durante unha semana completa.
O Diario de Viaxe: Dentro da mochila atoparedes un caderno ou libro de rexistro moi especial. Nel, o alumnado (co axuda da familia se o precisa) deberá escribir ou debuxar cal foi o libro ou xogo que máis lle gustou e por que. Así, a seguinte familia poderá ler as recomendacións dos seus compañeiros e compañeiras!
Coidado da mochila: Pedímosvos a vosa colaboración para coidar con moito mimo todo o material que vai no interior, garantindo que chegue en perfectas condicións á seguinte casa.
A lectura é unha aventura que se desfruta mellor en compañía.
¡Boas lecturas e boa viaxe! 🚀📚



Ningún comentario:
Publicar un comentario