luns, 31 de outubro de 2022

A FAMILIA BIZOCAS

O alumnado de 6º de Educación Primaria personalizou a letra da BSO da Familia Addams para o Samaín nas clases de Educación Musical. Ademais, o videoclip foi gravado na biblioteca por el@s mesm@s, e este foi o resultado! 




domingo, 30 de outubro de 2022

SAMAGOSTO 2022

Durante esta semana realizáronse unha chea de actividades pola celebración do Samaín, nas que participaron mestres, alumnado e familias. Deixámosvos aquí unha recopilación das mesmas: 

MERENDAS TERRORÍFICAS SAUDABLES

O xoves 27, antes do tempo de lecer, comezamos a preparar as merendas terroríficas saudables empregando varias froitas de tempada. Cada ciclo elaborou diferentes merendas e ao rematar, antes de degustalas, pasamos por todas as clases para ver o que fixeran os demais. 

Este foi o resultado, pinchade na foto para ver máis! 


HISTORIAS DE MEDO

Como contábamos en entradas anteriores, o Sabichón propúxonos inventar historias de medo relacionadas co proxecto deste ano, as ODS. Quedaron terroríficamente increíbles! 

Pinchade na foto para ver máis!

MAGOSTO

Ademais do Samaín, o venres celebramos o magosto, comemos moitas castañas durante o tempo de lecer que asou Luis, o noso conserxe, e pasámolo xenial cos xogos tradicionais que tivemos a sorte de disfrutar durante esta semana e que a profe de EF nos ensinou a empregar!

Pinchade na foto para ver máis!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E VASOIRAS

Seguindo co proxecto deste curso, invitamos ás familias a decorar o colexio facendo unha exposición de cabazas e vasoiras de Samaín que estiveran elaboradas con materiais reciclados ou que tiveran na casa. A invitación foi moi ben recibida e este foi o resultado! Quedaron xenial! 
Pinchade na foto para ver máis!

CROMA ARREPIANTE

Empregando o croma, realizamos unhas fotos arrepiantes cos nosos disfraces. Pasámolo de medo!

                                               Pinchade na foto para ver máis!

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Grazas á colaboración de alumnado e profesorado, a biblioteca pasou a ser un espazo abraiante e espantoso.
     Pinchade na foto para ver máis!

martes, 25 de outubro de 2022

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Aproveitando esta semana terrorífica, o alumnado está elaborando unhas beveraxes máxicas na biblioteca neste taller de escritura creativa. Trátase de darlle ás á imaxinación e escribir os ingredientes máxicos, a súa preparación e que finalidade ten esta bebida encantada.





Fixemos unhas beveraxes extraordinarias!

luns, 24 de outubro de 2022

RECANTO DE MEDO

Este venres 28 celebramos o Samaín e a biblioteca estase a convertir nun espazo terrorífico grazas a axuda do alumnado e profes do colexio.

Hoxe amosámosvos este anaquiño de biblioteca, onde colocamos todos os libros relacionados co Samaín 👻, para que durante o tempo de lectura, de lecer, ou cando nos apeteza poidamos mergullarnos nun mundo arrepiante a través das lecturas que vos ensinamos nas seguintes fotos. 

  


venres, 21 de outubro de 2022

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN O SEU CAMIÑO

Este luns, coincidindo coa celebración do día das Bibliotecas (24 de outubro),  o Sabichón quere facernos un agasallo moi especial.

Como novidade, cada curso contará cunha mochila viaxeira, que inclúe libros, cómics, revistas... para que alumnado e familias disfruten xuntos do tempo de lectura.

O contido das mochilas é sorpresa... que intriga!💭

Ademais, cada mochila contará cun diario, onde os nenos e nenas reflexarán os libros que máis lles gustaron a través de debuxos, resumos, fotos lendo... e todo o que a vosa imaxinación queira! 

Esta mochila viaxará cada semana a unha familia diferente, polo que todo o alumnado e familias poderán disfrutar deste fantástico agasallo durante unha semana. É importante respectar os prazos e coidar o material para que todos e todas gozemos da mochila viaxeira.

Ademais, de forma voluntaria, as familias poderedes enviar fotos disfrutando da lectura ao email do cole (ceip.asbizocas@edu.xunta.gal), así poderemos ver o ben que o pasades xuntos!

As mochilas viaxeiras xa están listas para comezar a sua andaina!



Esperamos que o pasedes fenomenal lendo!

mércores, 19 de outubro de 2022

HISTORIAS DE SAMAÍN

Achégase o 🎃Samaín e o Sabichón quixo darnos unha sorpresa... deixounos unha carta no seu Buzón Sabichón propoñéndonos que cada curso invente unha historia terrorífica para o Samaín. 

Ademais, o Sabichón púxonos unha condición: a historia terá que incluir unhas palabras relacionadas co novo proxecto, as ODS!

Agora tócanos a nos ...a crear! 

Aquí vos deixo unhas fotos de cando descubrimos a carta!






 


 





martes, 18 de outubro de 2022

Maleta Viaxeira no 3º ciclo

Este mes tivemos a sorte de recibir unha maleta viaxeira! Ven dende a Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental do CEIDA.

Conta cunha chea de libros informativos e álbumes ilustrados sobre a temática do medio mariño. Ademais, tamén trata problemáticas ambientais que ameazan a súa conservación, como a emerxencia climática ou o lixo mariño. Vainos vir xenial xa que está relacionada co novo proxecto do cole, as ODS!

Está destinada para o alumnado do 3º ciclo, aquí podedes ver algunhas fotos disfrutando da maleta viaxeira!
    

     


mércores, 5 de outubro de 2022

SABICHÓN PRESENTA: O NOVO PROXECTO DO COLE

Ola novamente!:

Tal como vos prometín no vídeo de presentación, tráivos novas moi interesantes relacionadas co proxecto que desenvolveremos este ano no cole. Ide memorizando estas 3 letras porque as escoitaredes a cotío ao longo do curso.

ODS