Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de novembro de 2024

SAMAÍN ARTÍSTICO

 O pasado mércores 30 celebramos no cole o Samaín.

O Equipo de Actividades Extraescolares organizou varias actividades para o día, aquí podedes velas!

- Exposición de Cabazas artísticas en colaboración coas familias!


- Taller sensorial! Mete a man se te atreves! 



-Photocall terrorífico con croma!



-Contos de medo intercursos!

Todos os cursos elaboraron os seus contos de medo que lle contaron a diferentes clases. Fixérono moi ben! Aquí vos deixamos vídeos e fotos para que vexades o ben que o pasaron.
O alumnado de Infantil recitou unhas adiviñas arrepiantes, a ver se as resolvedes!
O alumnado de 1º curso, elaborou un conto titulado " O bosque encantado" pinchade para velo!

O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º tamén crearon os seus propios contos, pinchade nas imaxes para velos!



Pasámolo de medo!

xoves, 2 de novembro de 2023

UN SAMAÍN ENTRE ANIMAIS

 Este 31 de outubro celebramos no cole o Samaín!

A xornada comezou preparando unhas merendas terroríficas e saudables por ciclos, para despois facer unha pequena exposición, e, por suposto, merendalas todos xuntos no ximnasio!



Que delicia!

Logo vimos todos xuntos os traballos en relación a PDI deste curso: "Mergullámonos no mundo animal". 

En Ed. nfantil cantaron a canción "Corre, corre cabaciña", en 1º ciclo inventaron conxuros de samaín nos que os principais ingredientes da receita eran animais e 2º ciclo creou un conto con animais como protagonistas, que poderedes ver pinchando na imaxe!


 En 5º de EP  realizaron entrevistas a animais terroríficos inventados que poderedes escoitar pinchando na imaxe:


E en 6º de EP crearon historias terroríficas; pinchade na imaxe para velas!: 

Tamén fixemos un photocall de medo: 

Por suposto, como todos os anos, tamén contamos coa participación das familias, que se animaron a participar e decorar as cabazas en relación á temática do proxecto! Moitas grazas pola vosa colaboración!



Pasámolo terroríficamente ben!

luns, 31 de outubro de 2022

A FAMILIA BIZOCAS

O alumnado de 6º de Educación Primaria personalizou a letra da BSO da Familia Addams para o Samaín nas clases de Educación Musical. Ademais, o videoclip foi gravado na biblioteca por el@s mesm@s, e este foi o resultado! 




domingo, 30 de outubro de 2022

SAMAGOSTO 2022

Durante esta semana realizáronse unha chea de actividades pola celebración do Samaín, nas que participaron mestres, alumnado e familias. Deixámosvos aquí unha recopilación das mesmas: 

MERENDAS TERRORÍFICAS SAUDABLES

O xoves 27, antes do tempo de lecer, comezamos a preparar as merendas terroríficas saudables empregando varias froitas de tempada. Cada ciclo elaborou diferentes merendas e ao rematar, antes de degustalas, pasamos por todas as clases para ver o que fixeran os demais. 

Este foi o resultado, pinchade na foto para ver máis! 


HISTORIAS DE MEDO

Como contábamos en entradas anteriores, o Sabichón propúxonos inventar historias de medo relacionadas co proxecto deste ano, as ODS. Quedaron terroríficamente increíbles! 

Pinchade na foto para ver máis!

MAGOSTO

Ademais do Samaín, o venres celebramos o magosto, comemos moitas castañas durante o tempo de lecer que asou Luis, o noso conserxe, e pasámolo xenial cos xogos tradicionais que tivemos a sorte de disfrutar durante esta semana e que a profe de EF nos ensinou a empregar!

Pinchade na foto para ver máis!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E VASOIRAS

Seguindo co proxecto deste curso, invitamos ás familias a decorar o colexio facendo unha exposición de cabazas e vasoiras de Samaín que estiveran elaboradas con materiais reciclados ou que tiveran na casa. A invitación foi moi ben recibida e este foi o resultado! Quedaron xenial! 
Pinchade na foto para ver máis!

CROMA ARREPIANTE

Empregando o croma, realizamos unhas fotos arrepiantes cos nosos disfraces. Pasámolo de medo!

                                               Pinchade na foto para ver máis!

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Grazas á colaboración de alumnado e profesorado, a biblioteca pasou a ser un espazo abraiante e espantoso.
     Pinchade na foto para ver máis!

mércores, 19 de outubro de 2022

HISTORIAS DE SAMAÍN

Achégase o 🎃Samaín e o Sabichón quixo darnos unha sorpresa... deixounos unha carta no seu Buzón Sabichón propoñéndonos que cada curso invente unha historia terrorífica para o Samaín. 

Ademais, o Sabichón púxonos unha condición: a historia terá que incluir unhas palabras relacionadas co novo proxecto, as ODS!

Agora tócanos a nos ...a crear! 

Aquí vos deixo unhas fotos de cando descubrimos a carta!






 


 





mércores, 3 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021/2022

 O SAMAÍN CHEGOU... E A TOD@S ATERROOOOOOU!!!!!

Ao longo da última semana de outubro celebramos o Samaín con diferentes actividades:

  • Decoramos as portas, as aulas e os corredores.
  • Fixemos a exposición de cabazas achegadas polas familias.
  • Lemos contos de medo, algúns deles creados polos nenos/as de 5.º de Primaria:
    • "A figueira de Pelostortos"
    • "No bosque"
    • "Corre corre, cabaciña"
    • "Unha pantasma con asma"
    • "¡Buu!"
    • "A bruxa regañadentes"
    • "A pousada encantada"
    • "O que axexa nas sombras"
    • "Na procura de pantasmas"
No seguinte vídeo, podedes ver un resumo do noso SAMAÍN.       

                                Esperamos que vos guste!


martes, 24 de novembro de 2020

Samaín

Ola de novo.

Estos días andivemos a preparar a festa do Samaín.

Ambientamos a biblioteca para que dese un pouco de medo coas cabazas que trouxeron os rapaces e rapazas e disfrazámonos de monstros, meigas, zombies,...Tamén fixemos unhas máscaras monstruosas para ir á xogo cos disfraces.

Preme na imaxe.



Preme na imaxe.


As diferentes clases crearon unhas historias de medo moi, moi terroríficas...

Xa sabedes... premer na imaxe de cada curso.