Un Samaín inesquecible no cole: Disfraces, xogos e... gran estrea no patio! 🎃✨
O colexio viviu un día de Samaín máis ca emocionante! O alumnado encheu as aulas e os corredores de cor, misterio e diversión grazas aos fantasmas, meigas, vampiros e monstros de todo tipo que viñeron disfrazados para a ocasión.
A xornada —e toda a semana— estivo chea de momentos especiais:
Creatividade na biblioteca: Durante toda a semana, a biblioteca e as aulas convertéronse nun estudio de arte onde os nenos e nenas participaron en actividades de debuxo creativo para dar vida aos monstros máis terroríficos (e orixinais!).
O ximnasio terroríficamente divertido por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: Habilitouse un espazo de xogo especial de Samaín cun circuíto no que o alumnado só podía emprega unha lanterna par poder saír. Sabichón e Salnesiña foron os encargados de explicar a actividade!
A nosa terrorífica exposición de cabazas: Coma todos os anos, organizamos unha exposición de cabazas. Nas seguintes imaxes podedes ver que a imaxinación non ten límites!
A gran estrea das 12:00: Xusto ao mediodía vivimos un dos momentos máis agardados: a presentación oficial da nova casiña do patio! Un novo espazo de xogo e convivencia que nos vai regalar grandes momentos de diversión durante os recreos. Poderedes ver máis información sobre a casiña e a nosa invitada de honra nas próximas publicacións do blog!
Feliz Samaín a todos e todas!👻















Ningún comentario:
Publicar un comentario