venres, 28 de abril de 2023

SAÍDA A LAGOA DA BODEIRA

Este venres todo o alumnado de primaria fixo unha saída á Lagoa da Bodeira, un complexo dunar que se atopa moi preto do noso cole e que aproveitamos para coñecer máis afondo. 

Esta lagoa alberga gran cantidade de especies de animais e é un lugar de paso para as aves migratorias, polo que conta cunha gran importancia debido ao gran número de ecosistemas que viven nela. 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo da nosa saída, onde seguindo co noso proxecto, descubrimos, exploramos e coidamos a nosa natureza máis próxima.




xoves, 27 de abril de 2023

SAÍDA DO CLUB DE LECTURA XUNTO CO CEIP VALLE-INCLÁN

Este martes 25 realizamos unha saída o alumnado participante no Club de Lectura xunto co alumnado do Club de Lectura do CEIP Valle-Inclán. 

O destino foi Padrón, cidade natal de Rosalía de Castro, xa que o libro "Formigas 4. MISIÓN ROSALÍA" que lemos conxuntamente ambos clubs encádrase gran parte na Ruta Rosaliana de Padrón e que durante o día recorremos.
A primeira parada realizámola na casa Museo de Rosalía de Castro, onde nos explicaron con detalle a vida de Rosalía e puidemos explorar a casa onde ela viviu.

Alí merendamos e puxemos rumbo ao Xardín Botánico de Padrón, onde realizamos diferentes actividades relacionadas co libro.


O xantar foi no Paseo do Espolón, outro punto da Ruta Rosaliana da que nos fala o libro e onde se atopa unha estatua adicada a autora protagonista da nosa saída. 

Por último, ascendemos ao Convento do Carme onde apreciamos unhas vistas increíbles de Padrón e onde falamos dos nosos libros favoritos e compartimos recomendacións. 


Foi unha xornada moi divertida onde coñecemos aos nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán e pasámolo moi ben!

Pinchade nas fotos para ver máis!

mércores, 26 de abril de 2023

OBRA DE TEATRO "CARTOÓNS"

 Na xornada de hoxe, todo o alumnado de Educación Primaria asistiu ao auditorio de O Grove para ver a obra de teatro titulada "CARTOÓNS", un espectáculo familiar creado e protagonizado por Víctor Mosqueira e Josito Porto.

Os protagonistas son dous pallasos que viven entre cartóns e con creatividade conseguen facer do lixo o seu modo de vida, converténdoo nun luxo.

Os temas principais son a reciclaxe, a ecoloxía, a solidariedade e a amizade. Como vedes están moi relacionados co noso proxecto do centro ODS.

Gustounos moito!
Clicade na imaxe para ver máis!


martes, 25 de abril de 2023

XOGOS ALTERNATIVOS CON MATERIAL RECICLADO

O alumnado de cuarto curso está a realizar unha unidade didáctica de "Paladós", deporte alternativo relacionado coas raquetas en EF. Deste xeito, estamos a traballar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), máis concretamente co 4, 11, 12 e 13. 


 

I EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

O Equipo TIC invita ás familias do noso alumnado a participar na "I EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DIXITAL", que este ano leva por título "UN PLANETA MARABILLOSO!".

 

Bases:

  • Cada neno/a poderá enviar un máximo de 2 fotografías ao correo electrónico do centro ceip.asbizocas@edu.xunta.gal
  • No asunto do email debe figurar: "Exposición de fotografía + nome do alumno/a + curso"
  • A data límite para enviar as fotografías é o mércores 3 de maio.
  • As fotos deben ser de creación propia, non descargadas de Internet.
  • Teñen que ir acompañadas dun lema, título ou breve texto en galego, que pode ir directamente na fotografía ou escrito no email.
  • Deben estar relacionados cos obxectivos ODS:

O alumnado de 6.º de Primaria foi o encargado de elaborar o cartel e as bases. 

Moi bo traballo!

venres, 21 de abril de 2023

RECREACIÓN DE PORTADAS DE LIBROS POLAS FAMILIAS

Con motivo da celebración da Semana do Libro, pedímoslles as familias a súa colaboración para unha actividade moi divertida. Esta consistiu na recreación da portada  dos seus libros favoritos, familia e alumnado xuntos.

Houbo moita participación e as fotos podedes atopalas no mural do corredor principal do cole! 

Ademais, aquí vos deixamos un video recopilatorio!

Moitas gracias familias pola vosa participación!.

LER DACHE ÁS

Continuando coas actividades na Semana do Libro, creamos este mural "Ler dache ás". O alumnado de primaria e infantil decorou duas plumas con dous títulos dos seus contos favoritos e creamos unhas ás con todas e cada unha das plumas. 

Quedou así de chulo!

mércores, 19 de abril de 2023

FEO! UNHA OBRA DE TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Este martes 18, o alumnado de educación infantil viviu unha xornada moi especial, xa que saíron de excursión a Pontevedra, ao teatro Afundación para ver unha obra de teatro. Esta excursión foi doblemente especial xa que para algúns nenos e nenas era a súa primeira excursión!

A obra que vimos en Pontevedra titulase FEO! un espectáculo de pequeno formato inspirado en "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. A obra tratou sobre unha pequena fábrica de parrulos de goma de “Il Papero Guiallo” que produce tódolos días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...


“Feo!” é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, traballando así diversas ODS, relacionadas coa nosa PDI. 

Nestos días estamos traballando a obra de teatro a través de debuxos, expresión oral, dramatizacións... para afondar un pouquiño máis nela e aquí tedes unha pequena mostra:

Gustounos un montón e pasámolo super ben! 

Pinchade nas imaxes para ver máis!

luns, 17 de abril de 2023

XOGADE NO IFEVI

 O luns 17 de abril desprazámonos ao IFEVI co alumnado de 3º ciclo. Alí realizouse unha xornada de atletismo en pista para 5º curso e de volei para 6º.

A xornada foi moi dinámica e enriquecedora. 

Podedes ver fotos do evento pinchando aquí.




COMEZA A SEMANA DO LIBRO!

Esta semana celebramos no cole a Semana do Libro, polo que, ademáis doutras actividades que levaremos a cabo, unha delas será o regalo dun marcapáxinas e unha pequeniña sorpresa por cada empréstito de libro! 

Animádevos! O Sabichón espéravos na biblioteca!



 

xoves, 13 de abril de 2023

XOGOS TRADICIONAIS RECICLADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado de 3º de EP creou un xogo tradicional empregando material reciclado coa mestra de Educación Física. Así, traballaron conxuntamente os contidos pertencentes á propia área e o PDI do centro, concretamente, os obxectivos 4, 11, 12 e 13. 

Quedou chulísimo! Noraboa!



martes, 11 de abril de 2023

ASÍ REMATAMOS O 2º TRIMESTRE!

O venres 31 o cole convertiuse nunha busca de ovos!! Cada ciclo tivo que atopar os 17 ovos ODS escondidos por todo o cole seguindo as diferentes pistas que o Sabichón foi deixando por distintos recunchos. Así, pouco a pouco fumos atopándoos todos os ovos e completando o mural das 17 ODS!!

Todo un reto no que o pasamos xenial e recordamos as 17 ODS coas que estamos a traballar no noso PDI. 

Pinchade nas fotos para ver máis!