Unha vez desvelado o título do primeiro libro co que imos traballar no club este curso ("Plan de rescate") o alumnado de quinto e sexto xa comezou a ler os seus primeiros capítulos, nos que poideron achegarse aos seus personaxes protagonistas.
Nesta sesión realizouse unha posta en común e intercambiáronse impresións sobre a obra para rematar cunha dinámica na que había que relacionar e identificar descricións e expresións que aparecían na lectura cos seus personaxes correspondentes.
Esta historia comeza a poñerse realmente emocionante. Vémonos na seguinte sesión!





Ningún comentario:
Publicar un comentario