luns, 21 de marzo de 2022

CONCERTO: CÉ ORQUESTRA PANTASMA "A VOAR!"

Mércores 16 de marzo de 2022

A VOAR!

Hoxe tivemos a visita de Cé Orquestra Pantasma. O seu concerto "A Voar!" conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que fará cambiar a súa vida, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos capaces de mellorar.

A Voar! pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre. Así pois, nenos e nenas… a voar!

Non vos perdades os vídeos!!!



PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"

 Xoves 10 e venres 11 de marzo de 2022

"DONAS DE SI"

Ao longo de dúas xornadas, os alumnos/as de todos os cursos do colexio participaron nos obradoiros do programa "Donas de si", que teñen como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.

Podedes ver un pouquiño máis no vídeo que elaboramos. Premede para acceder.


ACTIVIDADE "LA MAR DE LIMPIO"

 Luns 7 de marzo de 2022

O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou na actividade "La Mar de Limpio", unha campaña de Educación Ambiental que ten como obxectivo sensibilizar ás persoas sobre a importancia de coidar e protexer o noso litoral e o noso mar dándolle continuidade a investigación sobre a figura de Ángeles Alvariño, fronte ás diferentes ameazas e problemáticas que sofre:

  • Residuos que flotan no mar e que se depositan nas praias.
  • Vertidos ilegais.
  • A sobrepesca.
  • Especies invasoras...

A través de actividades lúdico-educativas, os nenos/as coñeceron “in situ” as diferentes situacións que xera a actividade humana e que son prexudicias para o medio ambiente.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.



xoves, 10 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021/2022

O día 8 de MARZO conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión as nenas e nenos de  6.º de Primaria encargáronse de decorar a biblioteca cuns bonitos carteis de mulleres que foron importantes ao longo da historia. Ademais prepararon pulseiras para todo o alumnado do colexio que eles/elas mesmos repartiron e colocaron. Quedaron preciosas!

 Se queredes ver como foi o noso 8M premede no seguinte vídeo.

FELIZ DÍA DA MULLER!

sábado, 5 de marzo de 2022

ENTROIDO 2021/2022

É TEMPO DE ENTROIDO NO COLE DAS BIZOCAS!!!

Os nenos/as de 6.º de Infantil e 6.º de Primaria fixeron dous fantásticos traballos que serviron de escenario para facer unhas fotos moi divertidas!


No seguinte vídeo podedes ver algunhas mostras dos... 
 
MANDATOS DO MECO

E aquí, o vídeo do noso... 

ENTROIDO TRADICIONAL!!!

Por último, deixámosvos unhas fotos do proxecto do Entroido que fixeron os nenos e nenas de 6.º de Infantil.