martes, 20 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos unha guía de recomendacións lectoras para o Nadal e ademais, podedes atopalos nas librerías do Grove😜

Un libro sempre é un bo agasallo! Que pasedes un bo Nadal!



CARTAS DE NADAL CON ODSEXOS

Seguindo co noso proxecto das ODS, este Nadal todos os cursos escribimos unhas cartas moi especiais. Nelas pedimos os ODSexos, é dicir, desexos non materiais que queremos que se cumpran e relacionámolos con algún dos 17 ODS.

Aquí podedes ver algunha delas. Moi bo traballo, esperamos que todos os vosos ODSexos se cumpran!

Pinchade na imaxe para ver máis!


 

RECEITAS DE COCIÑA SUSTENTABLES

Que tal familias? Como moitas sabedes, estes días as nenas e nenos do 3º curso puxéronse o uniforme de cociñeiras e cociñeiros para elaborar unha das súas receitas favoritas co fin de que fixeran un consumo responsable na súa elaboración, polo que estivemos traballando o obxectivo 12 dos ODS da Axenda 2030 que desenvolvemos no proxecto de centro deste ano.

Os resultados foron os seguintes e como podedes observar moitas están para chuparse os dedos, xa que nos trouxeron a probar e estaban riquísimas! 












xoves, 15 de decembro de 2022

RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

Como todos os anos, nos días anteriores ás vacacións de Nadal, no cole facemos unha recollida de alimentos solidaria que destinamos a diferentes organizacións da zona para que os repartan ás familias máis necesitadas. Este ano serán destinados ao Banco de Alimentos Rías Baixas.

Ademais, como vedes na foto, esta acción relaciónase con varios dos obxectivos ODS que estamos a traballar co novo proxecto do cole, en concreto, o 1 e o 2. 

O Nadal é unha época máxica para pensar especialmente nos demáis e axudarnos entre todos,  e no CEIP As Bizocas cooperamos deste xeito. 

Moitas grazas a todas as familias que colaboran e fan isto posible!

martes, 13 de decembro de 2022

CUARTA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Seguimos traballando arreo na obra de teatro, que finalmente se realizará con marionetas. Os nenos e nenas do club de lectura actuarán no festival de Nadal para todo o alumnado e familias!

                                             


AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Como xa sabedes, levamos un tempo empregando a biblioteca tamén no tempo de lecer. Isto é posible grazas ao alumnado de 5º e 6º voluntario que axuda nas diferentes tarefas que se levan a cabo.

Algunhas destas tarefas son: 

- Organización da biblioteca e colocación dos libros

-Decoración tendo en conta conmemoracións e festividades, así como o novo proxecto do cole

-Realización de préstamos e devolucións

-Rexistros de incidencias

-Axudar e ensinar aos compañeiros/as a escoller un libro

- etc..

Ademais, contan cun carnet identificativo para que todo o centro saiba quen son os voluntarios ou voluntarias do día.



venres, 9 de decembro de 2022

BIBLIOTECA NOS RECREOS

Dende o mes de outubro, a biblioteca tamén está dispoñible para o alumnado durante o tempo de lecer. Realizamos varias quendas e así os nenos e nenas poderá ler, xogar, investigar, escribir, divertirse, imaxinar... tamén durante o recreo. 

Ademais, poden realizarse préstamos e devolucións de libros.




sábado, 3 de decembro de 2022

ODS: PRIMEIRA FASE DO PROXECTO

Ola de novo amiguiños e amiguiñas! O Sabichón ten unha nova importante para vos, atendede!

Primeiro comezaremos facendo unha asemblea onde, entre todos, falaremos de que sabemos sobre as ODS. Todas as aportacións recolleremolas físicamente, nun portfolio, post-it, vídeo, mural... o que queirades!

Logo, veremos este vídeo de presentación das ODS: 


A continuación, cada curso elaborará o seu panel das ODS ao seu gusto, queremos ver o de todos e todas cando rematedes!

Por último, deberemos nunha nova asemblea, recoller o que queremos saber sobre as ODS.

Moitas gracias por axudarme neste proxecto!!

Asinado: O Sabichón