Amosando publicacións coa etiqueta PDI 23 -24 Mergullámonos no mundo animal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 23 -24 Mergullámonos no mundo animal. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de xaneiro de 2025

RETOS SEMANAIS NA BIBLIOTECA!

Esta semana comezamos cos retos semanais de arte!

                                                            

Cada semana poderedes achegarvos á biblioteca para resolver os retos que o Sabichón ten preparados en relación ás diversas artes que estamos a traballar no PDI!

Esta semana o reto é musical e traballaremos cos instrumentos tradicionais galegos empregando o E.a.r.l.2 BOT, estades preparad@s?



venres, 12 de xullo de 2024

TAREFAS FINAIS PDI 23/24

 Aquí vos deixamos un Genially que resume todo o traballo realizado por todo o alumnado, profesorado e familias en relación ao PDI deste curso, "Mergullámonos no mundo animal". Esperamos que vos guste!

PINCHADE NA IMAXE PARA VELO!

BO VERÁN!

venres, 28 de xuño de 2024

DIVULGACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA: INVITAMOS ÁS FAMILIAS A COÑECER O NOSO PDI


Despois de todo o curso de moita investigación, traballos, actividades, xornadas... podemos dicir que rematamos o PDI deste curso!! 

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do último día de curso, onde se intercalaron diferentes propostas musicais en relación ao mar e os océanos dos diferentes ciclos e as exposicións do PDI de cada aula. 

Rematamos a xornada coa graduación do alumnado de 6º de EP e cunha merenda conxunta coas familias! Pasámolo moi ben!



BO VERÁN A TOD@S!

martes, 18 de xuño de 2024

CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS NO ÚLTIMO DÍA DE CURSO!

O venres 21 de xuño será o último día de curso, que celebraremos cunha exposición e divulgación dos nosos traballos de investigación do PDI ás familias, actuacións musicais, unha merenda conxunta e por suposto, a despedida do noso alumnado de 6º de EP que se gradúa para o vindeiro curso estudar no instituto.



Aquí vos deixamos a organización do día! Animámosvos a asistir! 

Agradecemos que confirmedes a asistencia ás titorías por abalar para ter en conta o aforo! 

Moitas grazas familias!

martes, 4 de xuño de 2024

OS ANIMAIS MARIÑOS NO 1º CICLO

O alumnado de 1º ciclo, nas súas investigacións sobre o PDI, estivo traballando moi activamente nos animais mariños, temática elixida por eles  ao comezo de curso.

Entre todos e todas crearon un mural que luce no corredor do primeiro andar, con todos os animais mariños que investigaron e cos traballos que realizaron coa colaboración das familias! 



Quedaron así de ben! Noraboa polo traballo!


venres, 26 de abril de 2024

CONCURSO DE BIBLIOTECAS DE AULA POLA SEMANA DO LIBRO

 Como sabedes, este trimestre estivemos inmersos na renovación das bibliotecas de aula con motivo da celebración da semana do libro.

Este venres, tras moitas semanas de esforzo e traballo para crear os mellores recunchos de lectura do centro; levouse a cabo o concurso de bibliotecas de aula, no que fixemos unha visita por todas elas para logo valoralas e decidir cales son as gañadoras. 

Deixámosvos un vídeo da xornada, que foi moi emocionante!

Pronto se descubrirán as bibliotecas gañadoras! Moita sorte a tod@s!

Esta actividade, enmarcada dentro dos retos de polos creativos. Trátase do kit singular "Design Thinking"; plantexouse un desafío (establecer en cada aula un recuncho de lectura agradable, orixinal, creativo...) e atopar unha solución innovadora. Implicou a observación, a xeración de ideas e resolución do reto. 

BECHOCONSTRUCIÓN EN 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA

Este pasado martes tivemos de novo ás compañeiras de Xesta Brava para ensinarnos a facer un hotel de bechos e explicarnos a importancia dos insectos na nosa vida! Estivemos repasando os nomes de diferentes bichiños, o seu ciclo de vida... e logo puxémonos mans a obra, como podedes ver nos vídeos. 


Por último, saímos ao patio con diferentes ferramentas como lupas, pinzas, microscopios... para ver se atopábamos algúns dos animais dos que falaramos... e vaia se atopamos!






luns, 22 de abril de 2024

BECHOCONSTRUCIÓN EN INFANTIL E 1º CICLO

A pasada semana o alumnado de infantil e 1º ciclo participou nun obradoiro de "bechoconstrución". Tratouse  dunha actividade na que o alumnado tivo que construir un hotel de bechos empregando materiais  da natureza  e algún refugallo.

Ao rematar fixemos unha busca de bechos polo noso patio. Aquí podedes ver un pequeno resumo!




luns, 15 de abril de 2024

CONTINÚAN AS ACTIVIDADES EN FOROACUI

 

O proxecto Menudo ForoAcui, proxecto, no que o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) colabora coa Universidade de Santiago de Compostela e o Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, financiado por o FECYT segue activo con diferentes actividades como a que vedes na imaxe, que foi noticia na Voz de Galicia e que podedes ver pinchando no seguinte enlace:  https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2024/04/07/menudo-foroacui-lleva-cultivo-mejillon-aulas/0003_202404A7C4991.htm

martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA NO CLUB DE LECTURA

O alumnado do club de lectura adicou as sesións deste mes a prepar o día da poesía, que se celebra este 21 de marzo.


A actividade consistiu no seguinte: en parellas ou individualmente, crearon poemas a partir de versos de diferentes libros de poesía en relación aos animais e aos océanos, o noso proxecto, e que compartimos co alumnado do CEIP Conmeniño. 


Aquí podedes ver o resultado dos poemas elaborados!  Foron elaborados co croma trala formación do PFPP do profesorado do CEIP As Bizocas.

Pinchade na imaxe para velo!

luns, 18 de marzo de 2024

"O CARNAVAL DOS ANIMAIS" DE CAMILLE SAINT-SAËNS EN 4º ED. INFANTIL

Nas sesións de música en Educación infantil seguimos traballando no noso proxecto "Mergullámonos no mundo animal", esta vez co "Carnaval dos animais" de Camille Saint -Saens.

A primeira sesión consistiu nunha audición activa da "Marcha do león" xunto cun pequeno vídeo que nos axudou a comprender a peza.

Logo convertímonos en verdadeiros leóns que durmiron, pasearon pola selva e ata ruxiron un pouco; como podedes comprobar nas seguintes fotos:


A segunda sesión consistiu na audición "O cuco na profundidade do bosque". 


Para iso, convertímonos en verdadeiros cucos e aprendemos a escoitar ao cuco e saír da profundidade do bosque cando soaba o seu chío. Aquí os podedes ver!


Na terceira sesión escoitamos a audición "O canguro", empregando un pequeno canguro de papel que nos axudou a comprender os conceptos rápido/lento mentres escoitabamos a peza. Logo convertémonos en canguros e saltamos pola aula seguindo o ritmo da audición.

Na cuarta sesión lembramos os animais que traballamos ata o momento, e que ben! acordámonos de todos! A continuación escoitamos unha nova peza, o "Acuario", onde neste caso os protagonistas eran os peixiños.

 Esta vez empregamos panos de cores, que imitaban ás diferentes cores dos peixes para distinguir as dúas partes da peza con diferentes movementos; a parte A con movementos circulares e a parte B con movementos en zig zag. Foi todo un éxito!

Por último, e para por rematadas as actividades co Carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns, escoitamos a audición "Personajes de largas orejas" para traballar os conceptos grave e agudo. 

Para iso empregamos unha frauta de émbolo, que nos fixo moita gracia e coa que o pasamos xenial mentres saltábamos cando a frauta soaba de grave a agudo e nos agochabamos cando a frauta soaba de agudo a grave. Por último coñecemos por primeira vez ao carillón, co que experimentamos e tocamos sons agudos e graves.

Ata aquí as actividades do Carnaval dos animais! 

xoves, 14 de marzo de 2024

OBRADOIROS PONTE A ZERO "QUEN VIVE AÍ?"

 O alumnado de 3º e 4º viviu este martes un obradoiro no que aprenderon que era, para que se emprega e como se elabora o compost. 

                                        

Ademais, tamén puideron observar en directo a vida que existe no compost, buscando con lupa os diferentes animais que puideron atopar e que podedes comprobar neste vídeo. 

Axudaronse de diferentes esquemas para diferencialos e poñerlles nome, neste vídeo tedes un resumo do ben que o pasaron:

 

Ademais, o alumnado de 5º e 6º, coincidindo co día mundial dos dereitos do consumidor (15 marzo), recibiu unha charla para evitar o estrago de alimentos.




8M ENTRE INVESTIGACIÓNS E ACTUACIÓNS MUSICAIS

O pasado venres conmemoramos no cole o 8M (Día da Muller) con diversas actividades:

durante o día, todos os cursos visualizaron o vídeo: "Raspiña, Shu e as mulleres do mar"; onde nos falan da importancia das mulleres no mar. 

Ademais, os protagonistas do vídeo son animais do oceáno, polo que fixemos unha pequena investigación dos animais que aparecen no vídeo, así como diferentes científicas que traballaron no mar.

O alumnado de infantil, 1º  e  2º ciclo levaron a cabo investigacións da centola, lumbrigante, ameixa, ourizo, rape e a raia empregando os fondos bibliográficos seleccionados polo Equipo de Biblioteca: 




PINCHADE NAS FOTOS PARA VER MÁIS!

O alumnado de 5º e 6º de EP investigou diferentes mulleres científicas do mar empregando os ordenadores.

Logo, o alumnado de 5º de EP leu un pequeno manifesto e cantou un fragmento da canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras e o alumnado de 6º de EP realizou unha batucada, preparada ambas actuacións coa mestra de música e danza; que poderedes ver se pinchades AQUÍ.

PRÓXIMAMENTE COLGAREMOS AS INVESTIGACIÓNS REALIZADAS...ESTADE ATENT@S!



SEMANA DA PRENSA

O alumnado do centro, coa colaboración das familias, recopilou noticas de animais e océanos de diferentes periódicos durante a semana da prensa.

O mural atópase no corredor do cole e aquí o podedes ver! 

Moitas grazas ás familias pola colaboración.



luns, 11 de marzo de 2024

CIENCIA E MOVEMENTO COS OCÉANOS E MULLERES NA CIENCIA

O pasado 19 de febreiro tivemos con nos a Jesús e a súa compañeira, que nos fixeron uns talleres a todos os cursos en relación aos océanos a ás mulleres na ciencia, con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o 11 de febreiro.

Experimentamos coa auga e vimos algúns descubrimentos por algunhas mulleres científicas do mar.

Pinchade nas fotos para ver máis!


luns, 4 de marzo de 2024

5º E 6º VISITAN O SEO BIRDLIFE

O pasado mércores 28 o alumnado de 5º e 6º realizou unha actividade de avistamento de aves grazas a colaboración do Concello do Grove e SEO. (Sociedade Española de Ornitoloxía). 

Primeiramente recibimos unha charla informativa na que aprendemos sobre a migración das aves, porque as aves fan parada no Grove, a importancia do coidado destas... etc.

Posteriormente fomos ata a Toxa e entregáronnos un caderno, unha guía e uns prismáticos a cada un. Tamén contábamos con varios telescopios, polo que tiñamos que ir anotando os nomes científicos e comúns das aves que observábamos, como o cormorán, a garceta, a garza real... 

Aprendemos un montón e pasámolo xenial!


xoves, 29 de febreiro de 2024

ANIMAIS NOS POLOS CREATIVOS EN ED. INFANTIL

 O alumnado de Ed. Infantil xuntouse en pequenos grupos para levar a cabo un pequeno reto en relación cos polos creativos que chegaron este trimestre ao centro.

A actividade que realizaron foi o "Pensamento de deseño básico", seguindo os pasos que nos propoñen dende polos creativos:

-Primeiramente observaron os materiais de uso cotiá que se ían empregar

 

-Logo, en pequenos grupos, buscamos o obxectivo: elaborar con esos materiais de uso cotiá un animal (tendo en conta a temática do proxecto) entre todo o grupo.


- Por último, todo o grupo explicou o que elaborou no tempo de traballo e que ideas foron xurdindo ao longo da actividade.

Noraboa polo traballo!








martes, 27 de febreiro de 2024

ARTE CON ANIMAIS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil convertíronse en verdadeiros artistas nestas últimas semanas! Investigaron a diferentes pintores como Pablo Picasso ou Juan Miró e levaron a cabo algunhas das súas obras nas que os protagonistas eran os animais. 

Nesta imaxe podedes ver as obras imitando a orixinal "El disco rojo persiguiendo a la alondra" de Juan Miró.

Aquí atopanse imitando o cadro de Pablo Picasso, "Niña con paloma".




ATRAPASOÑOS CON MATERIAIS DE RECICLAXE E ELEMENTOS NATURAIS

 O alumnado de 5º de EP, tras unha sesión de limpeza de praias, fíxose co material que vedes nas imaxes para elaborar os seus propios atrapasoños na área de Educación Artística e en relación ao proxecto do centro.


Primeiramente elaboraron o deseño, pintaron as cunchas recollidas e finalizaron anclando as cunchas aos paus de madeira que tamén recolleron polas praias.