venres, 25 de novembro de 2022

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Durante toda esta semana, e especialmente hoxe 25 de novembro, alumnado, profesorado e familias conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; xa que ademais, este é un dos obxectivos do noso proxecto ODS.

Organizamos moitas actividades que poderedes ver a continuación. Tamén contamos coa colaboración das familias pedindo que o alumnado trouxese algunha peza de roupa de cor morada. 

💜As nenas e nenos de 1.º e 2.º de Primaria decidiron ver o mundo con gafas violetas e fixeron un mural e un vídeo cunhas fermosas mensaxes. Premede en play. 💜

Contamos coa asociación "NÓS MESMAS" para desenvolver actividades, como "Flop, un extraterrestre na escola", coas que reflexionamos sobre os diversos tipos de familias, as diferenzas e semellanzas entre nenos e nenas, etc.

Pinchade na foto para ver máis!

Pola súa banda, o alumnado de 3º elaborou uns comecocos a favor de igualdade no que compartiron diferentes emocións e sentimentos coas compañeiras e compañeiros da aula. Os resultados foron os seguintes:







mércores, 23 de novembro de 2022

SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Este luns 21 volvémonos a reunir no tempo de lecer na segunda sesión do club de lectura para comezar cos ensaios da obra de teatro que estamos a ler! 

Ánimo!


luns, 21 de novembro de 2022

SAÍDA AO TEATRO "LA AVENTURA DE ABURRIRSE"

O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria asistiu á sede Afundación de Pontevedra para ver "La aventura de aburrirse", unha obra de teatro de monicreques protagonizada por unha nena chamada Rita que, a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Pero... todo cambia grazas a un parruliño de goma que lle dá a súa avoa. Ademais, estivo moi relacionada co proxecto do cole, as ODS.

Queredes saber como foi a xornada? Premede en "play" para ver o vídeo!!!

Facendo clic na imaxe inferior saberedes un pouquiño máis da obra e da compañía L´Estaquirot Teatre.

A NÓS ENCANTOUNOS!!!😍

20 ANOS DO PRESTIGE: VISITA DE FRANCISCO IGLESIAS

O 13 de novembro de 2002, as costas de Galicia viron como o petroleiro Prestige afundía cargado con 77.000 toneladas de petróleo que acabaron no mar, nas nosas rías. 

Hoxe na biblioteca tivemos a sorte de contar con Francisco Iglesias, patrón maior da Cofradía de Mariñeiros de San Martiño do Grove cando sucedeu esta catástrofe. 

Francisco amosounos un vídeo onde resumía todo o que sucedeu naqueles terribles días e as consecuencias que se ven aínda a día de hoxe. Posteriormente o alumnado preguntoulle todas as súas inquedanzas sobre o tema. 

Por suposto, este tema tamén está moi vinculado cun dos ODS que este ano estamos a traballar, concretamente, o 13 e o 14.

Moitas grazas Francisco pola túa visita!!



Así mesmo, as nenas e nenos do 3º curso mancharon as mans de chapapote para realizar un mural conmemorando o 20 aniversario desta tráxica catástrofe medioambiental. Nunca máis!





luns, 14 de novembro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA DE SAN VICENTE

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a biblioteca de San Vicente para recibir unha formación sobre a súa organización. Despois dunha primeira explicación, fixeron varios xogos para descubrir onde se atopaban algúns dos libros.

Aquí podedes ver algunhas fotos: 






martes, 8 de novembro de 2022

ACTIVIDADE DE EXTENSIÓN CULTURAL NO NOVO AUDITORIO DO GROVE

Todo o alumnado do centro acudiu o venres 4 a unha actividade no novo auditorio do Grove na que os mestres da Escola de Música fixeron unha presentación dos instrumentos de vento. 

As inscricións están abertas, animádevos a aprender un instrumento!




 
 

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA EN 5º E 6º

Onte comezamos coa formación de usuarios ao voluntariado de biblioteca, que serán os encargados de diferentes funcións durante o recreo, xa que dende onte, a biblioteca abreu as suas portas durante o tempo de lecer e o alumnado poderá vir (por quendas) a disfrutar da lectura e outras actividades. 

Entre as diferentes funcións do alumnado voluntario de biblioteca están:

- Organización da biblioteca e colocación dos libros

-Decoración tendo en conta conmemoracións e festividades, así como o novo proxecto do cole

-Realización de préstamos e devolucións

-Rexistros de incidencias

-Axudar e ensinar aos compañeiros/as a escoller un libro

- etc..


luns, 7 de novembro de 2022

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Hoxe iniciamos a primeira sesión do club de lectura co alumnado de 5º e 6º de EP. A lectura escollida foi "Quen quere ao lobo feroz?" unha obra de teatro que representaremos o día do festival de Nadal.

Realizamos o reparto de personaxes e para a próxima xuntanza comentaremos as primeiras impresións da lectura e comezaremos cos ensaios.