Venres 27 de maio de 2022
Os cativos/as de 5.º de Infantil, 1.º e 2.º de Primaria participamos nun contacontos sobre Maruja Mallo, unha destacada pintora surrealista galega que abriu camiño ás mulleres de xeracións posteriores.
Esta actividade está enmarcada no programa "Donas de si" do Plan Proxecta.
A través do relato da súa historia por parte de Enrique Mauricio e da ilustración que Tania Solla ía creando á vez, achegámonos un pouquiño máis á súa vida e obra.
Ao rematar, cada un/unha de nós foi creando a caricatura de Maruja seguindo as indicacións que nos ían dando. Non o fixemos nada mal!