martes, 28 de maio de 2024

17 DE MAIO- DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 16 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas con diferentes actividades!

O equipo de EDLG preparou varias actividades de investigación en relación á autora homenaxeada neste 2024, Luisa Villalta entre as que destacaron: pasatempos, sopa de letras, marcapáxinas, debuxar a portada dun dos libros da autora...



Ademais, a mestra de EF organizou unha serie de xogos tradicionais:  sete e medio, solitario celta, xogo da república, xogo das landras, das esquinas...

 

Para rematar a xornada, un grupo de nenas de 4º de EP prepararon unha canción tradicional galega que interpretaron para todos e que podedes ver aquí. Fixerono xenial!


venres, 24 de maio de 2024

ASISTIMOS Á XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

A coordinadora do Equipo de Biblioteca e do Club de Lectura asistiu o martes 14 de maio ás XVI Xornadas dos Clubs de Lectura na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.


Nela levaronse a cabo diferentes ponencias de diversas autoras, charlas informativas de moitos temas en relación coa lectura e experiencias que compartiron outras persoas sobre como levaban a cabo os seus clubs de lectura nos seus centros.

Foi unha xornada moi intensa e de moitas aprendizaxes.

xoves, 23 de maio de 2024

INICIAMOS O PASAPORTE LECTOR!

Dende esta semana e ata finais de curso o alumnado poderá participar na seguinte actividade: o PASAPORTE LECTOR.

Esta iniciativa consiste en cubrir o pasaporte de cada libro por cada lectura que se realice. Os libros poderán ser da biblioteca do centro, da casa, das bibliotecas municipais, emprestados doutros compañeiros/as... o caso é ler!


Como vedes, contamos con dous modelos, un para os lectores iniciados, e outro para os expertos!

Cando rematen cada pasaporte lector, incluirano dentro do Buzón Sabichón que se atopa na biblioteca. A finais de curso o alumnado con máis pasaportes lectores recibirá un recoñecemento!

Ánimo a todos os lectores/as do CEIP As Bizocas!

VISITA Á BIBLIOTECA DE SAN VICENTE POLAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, que como sabedes, este ano se lle adica a Luisa Villalta; asistimos a un contacontos na Axencia de Lectura da Biblioteca de San Vicente. 

 Aquí vos deixamos un pequeno resumo da xornada!



venres, 10 de maio de 2024

GAÑADORES DO CONCURSO DE BIBLIOTECAS DE AULA

Tras a votación do alumnado sobre a súa valoración das diferentes bibliotecas de aula (podedes ver o desenvolvemento da xornada nunha entrada anterior) os resultados dos gañadores son os seguintes!

Os voluntarios de biblioteca do día foron os encargados de repartir os diplomas aos cursos gañadores. Os demais cursos tamén recibiron un diploma agradecendo a participación e implicación.

As aulas gañadoras recibiron un pequeno lote de libros e algún xogo para engadir á súa colección.

Quedaron unhas bibliotecas de aula increíbles! Grazas a tod@s!

PREMIOS BIBLIOTECAS DE AULA

1º PREMIO: 6º DE EP

2º PREMIO: 5º-6º ED. INFANTIL

3º PREMIO: 3º DE EP

MENCIÓN HONORÍFICA: 5º DE EP

AGRADECEMENTOS Á PARTICIPACIÓN: 

-4º de EI

- 1º Ciclo de EP

-4º de EP

Noraboa a tod@s os participantes, mestres e alumnado! Foi un traballo excepcional!

LUISA VILLALTA EN CONTACONTOS- DONAS DE SÍ

Este xoves 9 de maio o alumnado de primaria recibiu a visita de Tania Solla e Quique, quenes protagonizaron un contacontos sobre a vida de Luisa Villalta, autora homenaxeada polas Letras Galegas o vindeiro 17 de maio.


Como sabedes, o noso centro encóntrase dentro do programa Donas de si, dentro dos Plan Proxecta, que ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

Mentres Quique nos contaba a súa historia, Tania ía realizando un debuxo fermoso que posteriormente imitamos nas nosas libretas. Quedaron así de ben!


Moitas grazas a Quique e Tania, que nos deixaron un dos libros sobre Luisa Villalta asinado cunha bonita dedicatoria que podedes ver na seguinte imaxe. Moitas grazas!

martes, 7 de maio de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN MOITO" POLA SEMANA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Nestas últimas semanas a biblioteca encheuse de familias do alumnado de educación infantil que participaron voluntariamente nun contacontos pola Semana do Libro. Cada día, unha familia voluntaria acudía a biblioteca do cole para contarlles ao alumnado de infantil un conto elixido pola propia familia.








Foron momentos compartidos moi especiais que nos gustaría repetir. Pasámolo xenial. Moitísimas gracias ás familias que participastedes!  As familias contan moito!

luns, 6 de maio de 2024

TEATRO NO CLUB DE LECTURA

 Como sabedes, estas últimas sesións no club de lectura adicámolas a ensaiar, ensaiar e ensaiar!

Estanos a gustar moito o libro de "Somos os monstros" de Paula Carballeira. Botamos unha chea de risas!