luns, 17 de maio de 2021

Letras Galegas

 Como sabedes o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.

Este ano adícase a Xela Arias e aprendemos moitas cousas sobre ela.

 “O idioma é o principal signo dunha cultura. Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma ”, dicíao Xela en 1988. 

Xela era unha artista das palabras. A modo de homenaxe recopilamos as palabras que mais nos gustan do noso idioma neste dicionario.

Premendo en cada palabra pódese ver a súa definición. 

Para velo en dispositivos Android é recomendable descargar o archivo no dispositivo.

Aquí o tendes.






luns, 3 de maio de 2021

Chegou o maio

 Xa estamos no mes de maio!

Seguro que todos e todas coñecedes a festa dos maios que se celebra en moitos lugares de Galicia...non a coñecedes? Aquí tendes unha pequena mostra. 


A festa dos Maios e coplas
Mantendo a cultura castrexa, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.
Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. Nas diferentes localidades onde se celebran, convócanse todos os anos un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.
Os maios son construcións figurativas, enxebres (entre os que dominan os de forma cónica ou piramidal, feitos con armazóns de varas ou canas, recubertos con plantas e decorados con laranxas bravas ou ovos) ou artísticas (máis modernos, representacións de monumentos, hórreos, barcos, actividades cotiás...). Estes maios son portados en andas polos seus creadores para logo cantar as coplas.

Día do libro

 Como xa sabedes o 23 de abril celébrase o Día do mundial do libro e dos dereitos de autor. Foi a UNESCO quen en 1995 decretou dita celebración.

Dende o CEIP As Bizocas quixemos celebralo lendo e representando diferentes libros e contos. Premendo nas imaxes podedes ver os contos.

Agradecemos a Núria que nos contase a chegada de San Jordi e nos lese o canto en catalán. 

Ed. Infantil


1º Ed. Primaria 
2º Ed. Primaria

3º Ed. Primaria

4º Ed. Primaria

5º Ed. Primaria

6º Ed. Primaria
Lecturas en familia

Moitas grazas ás familias que compartiron as súas lecturas con nós.

Yago

Daniela

Irina

Marcos

Adriana

Dende o Equipo de biblioteca e dinamización do CEIP As Bizocas convidámosvos a que vexades esta fermosa curtametraxe.