O pasado venres 9 de febreiro celebramos no cole o entroido! Despois de toda a semana seguindo os mandadiños do meco...
Luns , a semana iniciarás
e, uns bigotes de gato na túa cara, pintarás.
Martes, algo do mar traerás,
no teu disfrace, o océano brillará.
Mércores, se te queres divertir,
a túa cabeza con plumas, deberás cubrir.
Directo da cama, xoves especial,
en pixama ao cole, un día sensacional.
Venres, o gran día chegará,
todo o cole se disfrazará.
Como non podía ser doutra forma, os disfraces deste curso foron en relación á PDI que estamos a traballar, animais e océanos. O alumnado empregou materiais de reciclaxe e elementos que tiñan pola casa para elaborar os seus disfraces e quedaron así de especiais!
Pinchade nas fotos para ver máis!
Logo dos desfiles de cada curso, bailamos a canción empregando as maracas que construíron na materia de Musica e Danza con materiais de refugallo (tubos de papel hixíenico, papel de reciclaxe e arroz) que inventaron as nenas e nenos de 4º de EP a partir dunha coñecida melodía. Aquí a podedes ver!
Por último, merendamos todos xuntos doces de entroido.
Por motivos meteorolóxicos, este curso a celebración de entroido non puido realizarse no patio exterior polo que non puidemos invitar ás familias a este acto por falta de espazo no interior. Porén, agradecemos a sua colaboración no seguimento da semana do entroido cos diferentes mandadiños, a elaboración dos disfraces, a merenda con doces caseiros...
Moitas grazas familias!