xoves, 29 de outubro de 2026

VOLVEMOS CON TODO Á RADIO

Xa está de volta o Podcast Sabichón 🎙️🌿

Estamos de celebración no cole! Despois dun tempo de descanso, a nosa querida radio escolar volve á carga co Podcast Sabichón, un espazo creado e conducido con moitísima ilusión por parte do alumnado de 6º de Primaria.

Nesta primeira sesión da tempada, os nosos locutores e locutoras de 6º —Gisela, Naima, Zaira, Rocío e Aarón— puxéronse diante dos micrófonos (aínda que botamos moito de menos á nosa compañeira Danna, que non puido asistir ese día!).

Unha visita moi especial: Entrevista a Uxía 🌸

Para este gran regreso, o equipo tivo o luxo de contar cunha invitada de excepcional: Uxía, a mestra en prácticas que nos acompañou durante o curso pasado e que deixou unha pegada marabillosa en todo o colexio.

A conversa foi xirando arredor do noso proxecto estrela: BIZONATUREZA. Con el buscamos coñecer a fondo a natureza e a nosa contorna próxima. 

Para rematar... Un xogo de flores! 🌼🌷

Como non podía ser doutro xeito neste programa, a entrevista rematou cun divertido xogo final. O equipo puxo a proba a Uxía cun cuestionario sobre flores para descubrir cales son as súas preferidas e poñer un toque de cor e humor ao peche do programa.

Non vos podedes perder o resultado desta gravación tan especial. 

Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1lNkyVsc9iXdWqW1W7kHcduTZfrDzXQla/view?usp=sharing

Ningún comentario:

Publicar un comentario