Moi boas familias,
presentámosvos a revista escolar do curso 22/23. Esperamos que vos guste!
Premede na imaxe para vela!
Moi boas familias,
presentámosvos a revista escolar do curso 22/23. Esperamos que vos guste!
Premede na imaxe para vela!
Este mércores 21 de xuño celebramos o fin de curso no CEIP As Bizocas. A xornada comezou co desfile de robots ODS, que o alumnado de 6º de Educación Primaria programou cos MBot; xunto cun photocall preparado conxuntamente no que sacamos fotos de grupo.
Posteriormente, comezou a graduación de 6º de Educación Primaria e o festival de fin de curso nos que estivemos acompañados polas familias. O mestre Diego, adicou unhas palabras ao alumnado que cambia de etapa para a ESO e logo foi o alumnado de sexto quen falou para agradecer a todos os mestres e mestras que pasaron pola súa etapa educativa neste cole.
Logo bañámonos na auga e despedímos aos nosos mestres/as e aos compañeiros/as nunha xornada moi emotiva.
Pinchade nas fotos para ver máis!
Deseámosvos o mellor a todo o alumnado de 6º que remata no centro! No CEIP As Bizocas sempre vos recibiremos cos brazos abertos!
Moi bo verán!
Vémonos en setembro!
Durante todo o curso, as mochilas viaxeiras foron visitando todas as familias de todo o alumnado durante unha semana.
Aquí se recollen todos as reseñas do alumnado, moi bo traballo! O Sabichón agarda que o pasárades xenial.
Pinchade na imaxe para velas!
E chegou o día tan esperado para o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria... A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MARCELLE.
Este ano foi unha saída especial porque a realizaron de forma conxunta co alumnado do C.E.I.P. Manuel Mallo Mallo (Lugo), co que ao longo de todo o curso realizaron un intercambio lingüístico.
Despois dunha longa viaxe, chegaron ao colexio de Lugo, onde os agardaban con estusiasmo para darlles a benvida. Tras unha merenda, un tempo de xogo e o intecambio de cartas puxeron rumbo todos xuntos ao parque natural Marcelle Natureza. Aí divididos en grupos comezaron vendo algúns animais antes da hora de xantar. Pola tarde visitaron a reserva onde viron diferentes especies de animais e realizaron tiro con arco.
Sen dúbida foi unha bonita experiencia na que fixeron moitas amizades.
Premede aquí para acceder ao álbum:
Este luns, o alumnado de 6º preparou unha exposición sobre a súa investigación no PDI deste curso e uns xogos para que os nenos e nenas de 5º, 1º e 2º levaran a cabo.
Este é un dos seus produtos finais...moi bo traballo!
O martes 13 o alumnado de 1º, 2º, e 3º de Educación Primaria puxo rumbo á Illa de Cortegada como excursión de fin de curso.
Coa nosa chegada ao porto de Carril, montamos nunha zodiac que nos transportou ata a illa, onde nos esperaban dous monitores que nos explicaron moitas cousas sobre a illa, a súa fauna, a súa flora, lendas sobre a illa e moitas cousas máis.
Logo dun entretido roteiro, xantamos e ao rematar xogamos ao pano e a un xogo por relevos no que tiñamos que recoñecer distintos tipos de cunchas mariñas de diferentes especies que os monitores nos foron explicando durante o roteiro.
A pesar da chuvia á volta, pasámolo moi ben e aprendemos moito!
Durante estos días, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a terceira e última sesión das charlas afectivo sexuais.
Nestas charlas seguiron afondando nos tipos de familias, sexualidade, emocións, uso responsable dos dispositivos electrónicos... temáticas moi importantes e que seguen relacionadas co noso proxecto das ODS.
Moitas gracias a Noelia polo seu labor!
Na materia de Proxecto Competencial, en 3º de Educación Primaria, ao longo de todo o curso estivemos levando a cabo un proxecto relacionado coas aves e, neste caso, coas aves ameazadas da comarca do Salnés.
Comezamos o proxecto a raíz dun texto que lemos de que as aves chocaban contra as fiestras e morrían, polo que foi un tema que nos suscitou interese e elixímolo para traballalo. A partir disto fixemos unha busca de información das aves ameazadas da comarca, das cales fixemos unha ficha informativa con diferentes datos de interese e elaboramos un debuxo das mesmas.
Logo, con materiais reciclados elaboramos e creamos uns niños e comedeiros que fomos colgando polo patio, os cales tiveron moito éxito e cada semana tiñamos que reenchelos de froitos secos.
Así mesmo, as saídas que fixemos a praia aproveitámolas para facer limpeza e recollida de residuos e tamén realizamos uns carteis informativos sobre como coidar as praias e as zonas que habitan estas aves para poder protexelas e evitar prexudicar as zonas naturais nas que habitan e nidifican.
Aquí vai un dos enlaces das actividades que imos a realizar:
https://scratch.mit.edu/projects/856080649
https://view.genial.ly/645b6b86977fb00018d2c09c/interactive-content-quiz-ods
Este luns 12 de xuño o alumnado participante no club de lectura reuniuse por última vez neste curso. Durante a reunión, comentaron en pequenos grupos as recomendacións lectoras que estamos a gravar no podcast individualmente e que poderedes escoitar proximamente.
O alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou estas mininas reivindicativas na materia de Educación Artística, nas que cada un debuxou e representou unha ODS.
Moi bo traballo!
Este luns 5 de maio todo o alumnado do CEIP As Bizocas, xunto con familias voluntarias e o profesorado celebrou o Día do Medio Ambiente cunha actividade moi especial organizada pola mestra de Educación Física, seguindo co proxecto actual das ODS.
A xornada consistiu en realizar cada curso un roteiro pola contorna, xunto coas familias para atopar un "caché" escondido por eles mesmos (pero outros cursos) en días anteriores. Para atopalo, deberon seguir as indicacións dos mestres, que sinalaban a orientación na que o caché, tamén creado por eles, estaba escondido.
A media mañá chegaron todos os cursos xunto con mestres e familias á Casa da Cultura unha vez atopado o caché para merendar e repoñer forzas.Por último, para a volta ao centro todos os participantes puxeron luvas e colleron unhas bolsas para recoller o lixo que atopaban polo camiño.
Ao chegar ao centro marcamos no mural se atoparamos o caché escondido e fixemos fotos de grupo.
Foi unha xornada moi divertida na que celebramos o Día do Medio Ambiente coñecendo, explorando e coidando a nosa contorna!
Ademais, saímos no xornal!! Podedes ver a nova completa pinchando no seguinte enlace:
Moitas grazas ás familias que colaboraron!