Amosando publicacións coa etiqueta semana do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana do libro. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO ENTRE ESTRELAS

 Polo Día do Libro no cole puxémonos creativos e… viaxamos moi lonxe sen saír do sitio! 🚀📚

Creamos un mural moi especial co lema “Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro”, seguindo co noso proxecto do espazo PDI Bizocas en órbita. Cada neno e nena aportou a súa pequena gran contribución escribindo nunha estrela información sobre algún dos seus libros favoritos: autor/a, ilustrador/a, título, editorial e tamén a súa CDU.

Pouco a pouco, fomos enchendo o noso ceo de estrelas lectoras, construíndo entre todos unha galaxia chea de historias, aventuras e coñecemento. Unha forma diferente, divertida e moi nosa de celebrar o poder dos libros e todo o que nos fan descubrir.

Seguimos viaxando… quen sabe ata onde chegaremos! 





xoves, 8 de maio de 2025

SEMANA DO LIBRO RECREANDO CONTOS!

 Con motivo da celebración da Semana do Libro, pedímoslles as familias a súa colaboración para unha actividade moi divertida. Esta consistiu na recreación da portada  dos seus libros favoritos, familia e alumnado xuntos.

Podedes atopar as fotos nun mural no corredor do cole!



Ademais, aquí vos deixamos as fotos participantes!

Moitas gracias familias pola vosa colaboración.

venres, 25 de abril de 2025

RECITAL DE POESÍA POLO DÍA DO LIBRO EN 4º, 5º E 6º DE EP

O pasado 23 de abril, polo día do libro, o alumnado de 4º, 5º e 6º foi público dun recital de poesía da man de Diversos Con Versos, un grupo formado por Queco, Mari Carmen, Ana Belén, Silvia e Ángeles que teñen como obxectivo achegar a poesía a calquera espazo. 


As poesías que recitaron versaban sobre a muller, a poesía melancólica, reivindicativa e rosaliana e incluso de amor.. entre outras. Este grupo é, ata agora, a única formación poética destas características coécida na comarca do Salnés, polo que a súa intención é tender lazos con outras iniciativas similares e levar a cabo proxectos conxuntos.


Foi unha experiencia moi enriquecedora e especial. Moitas grazas aos membros de Diversos con Versos por vir!

mércores, 23 de abril de 2025

TEATRO NO AUDITORIO POLO DÍA DO LIBRO

Este 23 de abril, día do Libro, vimos no auditorio do Grove, unha adaptación teatral da novela Moby Dick, de Herman Melville.  


A compañía teatral Pedras de Cartón, que traballa cos clásicos da literatura desde unha perspectiva diferente, presentounos unha obra protagonizada por un gran cachalote, un monicreque de tres metros creado polo monicrequeiro Iker Pérez.

Moby Dick conta a historia de Ismael, interpretado por Juan Rodríguez, un mozo que decide embarcarse nunha viaxe onde vivirá unha chea de aventuras en compañía deste cetáceo albino, protexéndoo da obsesiva persecución do capitán do barco.

                                                            

Ademais de descubrir algún dato curioso, como que a última balea que se capturou en Europa foi en Caneliñas, Cee no ano 1985, factoría que funcionou  en Galicia durante máis de 60 anos xunto a outras plantas galegas como a de Cangas e Xove.

Grazas ao concello do Grove pola súa colaboración para que os alumnos e alumnas de Infantil, 1°, 2º e 3º de primaria puidesen coñecer de preto a historia desta balea.  

                                                       

Desde o equipo de biblioteca, e con motivo da conmemoración do día de libro animámosvos a ler calquera adaptación desta novela de aventuras.


martes, 22 de abril de 2025

RETO SEMANAL DE... ESCULTURA POLA SEMANA DO LIBRO!

 Estades preparad@s para convertervos en escultor@s?
Neste reto pola Semana do Libro, o obxectivo será representar un personaxe dalgún conto dos exemplos mediante a escultura. Tamén podedes elixir o personaxe que vos queirades! Podedes facelo en parellas, equipos, ou toda a clase!                

Logo, pegaremos a escultura nunha base de cartón coa imaxe do conto baixo un post- it que o esconda para que os demais poidan adiviñar de que personaxe se trata.
Seredes capaces de adiviñar as esculturas dos demais? Aquí tedes alguns exemplos de 1º de EP que xa se animaron a facelo!! Quedáronlle xenial!



Todo un reto! Ánimo escultor@s!

venres, 10 de maio de 2024

GAÑADORES DO CONCURSO DE BIBLIOTECAS DE AULA

Tras a votación do alumnado sobre a súa valoración das diferentes bibliotecas de aula (podedes ver o desenvolvemento da xornada nunha entrada anterior) os resultados dos gañadores son os seguintes!

Os voluntarios de biblioteca do día foron os encargados de repartir os diplomas aos cursos gañadores. Os demais cursos tamén recibiron un diploma agradecendo a participación e implicación.

As aulas gañadoras recibiron un pequeno lote de libros e algún xogo para engadir á súa colección.

Quedaron unhas bibliotecas de aula increíbles! Grazas a tod@s!

PREMIOS BIBLIOTECAS DE AULA

1º PREMIO: 6º DE EP

2º PREMIO: 5º-6º ED. INFANTIL

3º PREMIO: 3º DE EP

MENCIÓN HONORÍFICA: 5º DE EP

AGRADECEMENTOS Á PARTICIPACIÓN: 

-4º de EI

- 1º Ciclo de EP

-4º de EP

Noraboa a tod@s os participantes, mestres e alumnado! Foi un traballo excepcional!

martes, 7 de maio de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN MOITO" POLA SEMANA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Nestas últimas semanas a biblioteca encheuse de familias do alumnado de educación infantil que participaron voluntariamente nun contacontos pola Semana do Libro. Cada día, unha familia voluntaria acudía a biblioteca do cole para contarlles ao alumnado de infantil un conto elixido pola propia familia.








Foron momentos compartidos moi especiais que nos gustaría repetir. Pasámolo xenial. Moitísimas gracias ás familias que participastedes!  As familias contan moito!

venres, 26 de abril de 2024

SAÍDA CULTURAL Á BIBLIOTECA DE SAN VICENTE POLO DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado mércores desprazámonos ata a biblioteca de San Vicente para a obra de teatro "Titiricircus de Tanxarina".








Pasámolo moi ben e gustounos un montón!

CONCURSO DE BIBLIOTECAS DE AULA POLA SEMANA DO LIBRO

 Como sabedes, este trimestre estivemos inmersos na renovación das bibliotecas de aula con motivo da celebración da semana do libro.

Este venres, tras moitas semanas de esforzo e traballo para crear os mellores recunchos de lectura do centro; levouse a cabo o concurso de bibliotecas de aula, no que fixemos unha visita por todas elas para logo valoralas e decidir cales son as gañadoras. 

Deixámosvos un vídeo da xornada, que foi moi emocionante!

Pronto se descubrirán as bibliotecas gañadoras! Moita sorte a tod@s!

Esta actividade, enmarcada dentro dos retos de polos creativos. Trátase do kit singular "Design Thinking"; plantexouse un desafío (establecer en cada aula un recuncho de lectura agradable, orixinal, creativo...) e atopar unha solución innovadora. Implicou a observación, a xeración de ideas e resolución do reto. 

venres, 21 de abril de 2023

RECREACIÓN DE PORTADAS DE LIBROS POLAS FAMILIAS

Con motivo da celebración da Semana do Libro, pedímoslles as familias a súa colaboración para unha actividade moi divertida. Esta consistiu na recreación da portada  dos seus libros favoritos, familia e alumnado xuntos.

Houbo moita participación e as fotos podedes atopalas no mural do corredor principal do cole! 

Ademais, aquí vos deixamos un video recopilatorio!

Moitas gracias familias pola vosa participación!.

LER DACHE ÁS

Continuando coas actividades na Semana do Libro, creamos este mural "Ler dache ás". O alumnado de primaria e infantil decorou duas plumas con dous títulos dos seus contos favoritos e creamos unhas ás con todas e cada unha das plumas. 

Quedou así de chulo!

luns, 17 de abril de 2023

COMEZA A SEMANA DO LIBRO!

Esta semana celebramos no cole a Semana do Libro, polo que, ademáis doutras actividades que levaremos a cabo, unha delas será o regalo dun marcapáxinas e unha pequeniña sorpresa por cada empréstito de libro! 

Animádevos! O Sabichón espéravos na biblioteca!