domingo, 26 de xuño de 2022

FIN DE CURSO 2021/2022

Mércores 22 de xuño de 2022

Despois dun curso cheo de novas experiencias, actividades, saídas, obradoiros, ilusións, xogos... chega o momento da despedida. 

Comezamos a mañá facendo unhas divertidas FOTOS NO PHOTOCALL da entrada.

Logo chegou un dos momentos máis emotivos!!! A GRADUACIÓN do ALUMNADO de 6.º de PRIMARIA. Cantos nervios!!! Despois de 9 cursos xuntos, toca desexarlles moita sorte na nova etapa que comezarán en setembro no instituto e dicirlles que nunca nos esqueceremos deles/as.

  

A media mañá, a fame comezaba a aparecer, así que chegou A MERENDA SAUDABLE a base de froita fresca: cereixas, sandía, piña, melón, mazás... Estaba todo riquísimo!

Queremos agradecer a colaboración das familias á hora de cortar e preparar a froita.

E rematamos da mellor forma posible... con XOGOS repartidos por todo o colexio.

Por último, desde o C.E.I.P. AS BIZOCAS queremos desexarvos un

FELIZ VERÁN!!!!

Aquí vos deixamos o vídeo cos nosos sorrisos despedíndonos das máscaras!!!

Premede na imaxe para acceder.

ATA O CURSO QUE VÉN!!!

xoves, 23 de xuño de 2022

CONTACONTOS EN INFANTIL

Martes 21 de xuño de 2022

Hoxe vivimos unha desas xornadas que quedarán no recordo dos máis cativos para sempre.

Algúns rapaces e rapazas do instituto, acompañados da súa mestra de Música, viñeron ler un conto musicado aos nenos/as de Infantil.

Cargados de instrumentos musicais, cartolinas, pinturas e ilusión, fixeron unha lectura do conto "DESPOIS DA CHUVIA", tocaron os instrumentos, cantaron, bailaron e pintaron as caras dos peques.

Queredes ver un pouquiño máis??? Seguro que si... Pois premede en PLAY!

 
GRAZAS POR TRAERNOS ESTA ACTIVIDADE TAN BONITA!!!
 

OBRADOIROS "CON MUCHO GUSTO"

Xoves 16 e luns 20 de xuño de 2022

 

Os nenos/as de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron nas actividades sobre Educación Sexual dirixidas aos colexios de O Grove. Sabela Maceira (educadora social e sexóloga) e Lucía Álvarez (psicóloga e sexóloga) foron as encargadas de impartir os coñecementos nos diferentes centro de ensino.

domingo, 19 de xuño de 2022

MÚSICA: INSTRUMENTOS PÓRTICO DA GLORIA

 Venres 17 de xuño de 2022

Como sabedes, este ano estamos a traballar arredor do proxecto "Bi...zocas ao Camiño" relacionado co Camiño de Santiago.

A profe Marina traballou, ao longo de todo o curso coas diferentes clases, os instrumentos presentes no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Fixeron recreacións en cartón, buscaron información, realizaron unha exposición...

Un gran traballo que podedes ver en diferentes vídeos.

Premede en PLAY! 😍
 
ARPA
 
SALTERIO VERTICAL
 
 
FÍDULA OVAL
 
 
ORGANISTRUM

SALTERIO

FÍDULA EN OITO

LAÚDE
 
UN GRAN TRABALLO!!!! 👏👏👏
 

VISITA Á "CASA CARACOLA"

 Venres 17 de xuño de 2022

Sabedes que en Balea, moi preto do colexio hai unha casa construída en forma de caracola?

Si? Non?

Pois tal como o escoitades, José Luis Torres creou unha casa orgánica a base de palla, arxila e cal con forma de caracola. Realmente está baseada en dúas caracolas, unha de mar e outra de terra.

Os nenos de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria tiveron a gran sorte de facer unha visita, na que viron a casa e a adega, coñeceron os materias cos que están construídas, aprenderon a preparar un bancal no que plantaron coliflores e viñeron cargados de plantas e patacas para plantar na casa.

Foi toda unha experiencia!

 

CHARLAS MATRONA "A MENSTRUACIÓN"

 Martes 7 de xuño de 2022

Os alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria, divididos en dous grupos, participaron nas charlas impartidas pola matrona do Centro de Saúde de O Grove.

O tema tratado foi a menstruación. A través destas 2 charlas, os nenos e nenas recibiron información sobre que é a menstruación, en que consiste, os mitos e lendas que sempre houbo sobre este tema, os diferentes produtos que existen no mercado e outra información de interese.

Sen dúbida, foi unha actividade moi interesante e necesaria!