luns, 30 de xaneiro de 2023

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Hoxe reunímonos de novo no tempo de lecer para falar sobre o libro que acabamos de ler: "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. 

Ademais, comezamos a redactar a nosa aportación no Podcast que imos crear coas nosas opinións sobre o libro! 

Como comprobamos lendo o libro, a temática do mesmo está relacionada co noso proxecto, xa que trata temas como o coidado do mar e a natureza.

Próximamente veredes por aquí o podcast completo!



RECIBIMOS O RECOÑECEMENTO DISTINTIVO VIOLETA

A Asociación Forgender Seal e a Plataforma Unitaria Contra As Violencias de Xénero cetificou que o noso centro, CEIP AS BIZOCAS, superou os criterios de igualdade social, xénero e diversidade que aseguran o seu compromiso cunha educación igualitaria para todos e todas.



xoves, 26 de xaneiro de 2023

FINALISTA NO CERTAME NACIONAL DE DEBUXOS SOLIDARIZARTE

A nosa alumna Irina Torres Garrido de 5º de EP, foi seleccionada finalista na Novena Edición do Certame Nacional de debuxos SolidarizARTE, que tivo como lema "Nuestro planeta está enfermo, es tiempo de actuar con visión de género"; organizado pola ONG "Ayudemos a un@ niñ@".

Esta actividade encádrase dentro do ODS nº13.

Moitos parabéns Irina!! 

 

mércores, 25 de xaneiro de 2023

SAÍDA AO OBRADOIRO DE HOSTALERÍA DA LANZADA

O alumnado de 3º e 4º de EP visitou o martes 24 o Obradoiro de Hostalería da Lanzada, onde aprenderon a elaborar almorzos saudables e realizaron un taller de coctelería. Ademais, pasárono de marabilla degustando os diferentes pratos. 

Por suposto, esta actividade encádrase dentro do noso proxecto das ODS, concretamente relacionado co 3.

Aquí podedes ver a nova completa: 

Moitas grazas por contar con nós e noraboa ao persoal polo gran labor!
                              Pinchade na imaxe para ver máis.

martes, 17 de xaneiro de 2023

DESEÑA O LOGO DO PDI!

O Equipo de Biblioteca convoca un concurso para elaborar o logo do proxecto documental integrado deste curso 22/23: "SOS -ODS: O PLANETA NAS NOSAS MANS". 

Animádevos a participar!



luns, 16 de xaneiro de 2023

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Despois das vacacións do Nadal retomamos o Club de Lectura para comezar cun novo libro:  Volverás golfiño! de Andrea Maceiras e ilustrado por Víctor Rivas.

Na vindeira sesión comentaremos as nosas opinións sobre o libro e ademais, gravaremos un podcast! 

Por suposto, este libro está relacionado con algunhas das ODS que estamos a traballar no proxecto do cole... con cales credes que se vinculan? Falarémolo na próxima sesión!

Disfrutade da lectura!

xoves, 12 de xaneiro de 2023

CAMPO A TRAVÉS- XOGADE

Por fin despois moitos intentos frustrados debido ao mal tempo, este pasado mércores 11 de xaneiro, o alumnado do CEIP As Bizocas (dende 2º ata 6º) participou na carreira de campo a través organizado por Deporte Escolar (Xogade). 

O evento tivo lugar no pinar de Montalvo e os participantes tiveron que percorrer distancias dende os 450 metros ata os 900m. 

Por suposto, esta actividade esta vinculada ao noso proxecto actual, as ODS (concretamente coa número 3)

Todos e todas remataron os seus percorridos satisfactoriamente! Noraboa!

                                                    Pinchade na foto para ver máis!



luns, 9 de xaneiro de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2022

Xa de volta das vacacións, imos lembrar o festival do Nadal a través dalgunhas fotos e vídeos que con tanto mimo preparamos e no que o pasamos xenial!

O 22 de decembro comezou o noso festival presentado polo alumnado de 6º, cunha obra de teatro con marionetas protagonizada polo alumnado do Club de Lectura, que se chamaba "Quen quere ao lobo feroz?".  Fixérono xenial! Noraboa!


 Clicade nas fotos para ver máis!

A continuación seguiu o alumnado de 4º, que nos sorprendeu cunha versión do "Jingle Bells" cantando e tocando, para dar comezo musicalmente ao gran festival de Nadal.  

Logo fixemos un pequeno descanso, posto que Papa Noel estaba a piques de chegar! Que emoción!

                                                    

Papa Noel visitou todas as clases e reparteu caramelos, que sorte tivemos! Fíxonos moita ilusión. 

A continuación foi a quenda do alumnado de 2º, 3º e 6º, que cantaron, xestualizaron e tocaron a canción "Rudolph, the red nosed reindeer". Pinchade na foto para ver como o fixeron!

Seguiron os nenos e nenas de infantil, que nos cantaron e xestualizaron o retrouso da canción  "Eu teño alguén" con lingua de signos. Unha actuación preciosa! Podedes ver o vídeo completo se pinchades na seguinte imaxe: 

           

Logo, o alumnado de 1º cantou e representou a panxoliña "Buscando Papa Noel". Fixerono increíble! Pinchade na foto para escoitalos.

 

Despois da panxoliña foi a quenda dos nenos e nenas de 2º, que cantaron a canción "O progreso", unha letra fermosa  que fai referencia ao noso proxecto, as ODS. Pinchade na foto para escoitala!


Para rematar, o alumnado de 1º e 2º fíxonos saber os seus ODSexos de Nadal. Oxalá se cumpran! Pinchade na imaxe para ver o vídeo!

                                    

E xa para rematar da mellor maneira, despedimos o ano 2022 coas badaladas protagonizadas polos nenos e nenos de 4º, acompañadas de gusanitos! Feliz 2023!

Esperamos que tiverades un moi bo Nadal!.

Agora si, comezamos, 2023!