mércores, 31 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ NA MATERIA DE INGLÉS

O alumnado de 1º, 2º e 3º colaborou facendo sobres coa técnica de origami e enchendo eses sobres con mensaxes, xogando coas palabras en inglés BE (SER) e BEE (abella), conectando a festividade do día co traballo sobre os animais. 


O alumnado de 4º fixo seu algunhas desas mensaxes, e o alumnado de 5º e 6º está a traballar na ilustración dun resumo sobre Wangari Maathai.

Clicade na imaxe para ver o traballo completo!

luns, 29 de xaneiro de 2024

CHEGAN Á BIBLIO OS POLOS CREATIVOS

A semana pasada dúas profes do equipo de biblioteca achegáronse a Pontevedra para recoller os kits singulares dos  Polos Creativos.

Os Polos Creativos conformarán un espazo dentro da biblioteca co obxectivo de fomentar a creatividade e desenvolver as competencias do alumnado. 

Pouco a pouco irán chegando diversos materiais que nos permitirán desenvolver a creatividade, como materiais manipulativos, STEM, robótica e material audiovisual.

Os kits singulares que chegaron  á biblioteca son pequenos avances destes materiais que posibilitarán a experimentacion, chuvias de ideas, ensaio-erro, colaboración internivel...etc. 

Aquí vos deixamos unhas imaxes de onde están ubicados:





martes, 23 de xaneiro de 2024

ED. INFANTIL INVESTIGA SOBRE O PDI

 O alumnado de educación infantil achegouse á biblioteca durante esta semana para descubrir os novos libros sobre o noso proxecto.

Gustáronlles un montón!  Pinchade aquí para ver máis!



                                          






luns, 22 de xaneiro de 2024

O CLUB DE LECTURA PREPARA O CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí vos deixamos o calendario de contacontos polo club de lectura!

Como vedes, os libros seguen a temática do noso proxecto!


Nestas últimas sesións do club, luns 22 e mércores 24 o alumnado preparou os ultimos detalles para o contacontos.

xoves, 18 de xaneiro de 2024

INVESTIGACIÓN DO PDI EN LINGUA INGLESA

O alumnado de todo o cole está inmerso na investigación do PDI deste curso tamén na materia de lingua inglesa, onde elaboraron os seguintes traballos! 

No 1º ciclo preguntáronse sobre os animais mariños e tras facer grupos cos nomes de animais mariños, e o visionado de vídeo sobre os mesmos, fixeron unha recollida de follas e un póster: SEA ANIMALS, que poderedes ver completo pinchando na imaxe.

O alumnado de 3º de Primaria escolleu cada un un animal sobre o que investigar e creou o xogo: GUESS, WHAT AM I?. Poderedelo ver completo pinchando na imaxe:

O alumnado de 5º de EP ten interese sobre os animais en perigo, the endangered animals, e fixeron unha investigación a través do seus laptops e do libro de nova adquisición da biblioteca “Don't let them disappear”, de Chelsea Clinton e ilustrado por Gianna Marino.

Cada un elexiu un animal diferente e cos datos recollidos na investigación fixo un poema!

Pinchade na imaxe para ver máis!

 
Tamén fixeron conxuntamente este vídeo no que investigaron sobre os animais de Nadal no 1º trimestre. Aquí o tedes!


Moi bo traballo! 

mércores, 17 de xaneiro de 2024

1ª FASE DO PROXECTO: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER?

Xa temos aquí a primeira fase do proxecto!

QUE SABEMOS?

QUE QUEREMOS SABER?

Os diferentes ciclos fixeron unha pequena asemblea para resolver estas preguntas en relación ao noso PDI.

Pinchade na imaxe para ver todo o traballo!

E AGORA... A INVESTIGAR!

martes, 16 de xaneiro de 2024

3º DE EP INVESTIGA SOBRE O PDI

O alumnado de 3º de EP está a traballar sobre o PDI cos libros de investigación recén saídos do forno na biblioteca.

Fixeron unha busca de información sobre o tema elixido polo 2º ciclo para o pdi: as aves. Cada grupo tivo que atopar libros que poideran aportar información sobre as aves e anotar os datos que lles parecesen relevantes para incluir no proxecto.

Logo compartiron cos demais grupos a información que atoparon.

Aquí os podedes ver!

                                    





luns, 15 de xaneiro de 2024

RETIRADA DE "PÉLETS" EN AREA DE CRUZ

O pasado venres 12 de xaneiro, baixamos á praia de Area de Cruz para recoller plásticos, algo que adoitamos facer debido á nosa concienciación pola limpeza do mar, temática protagonista no proxecto deste curso. 

Porén, neste día non foi unha recollida de plásticos como un día calquera, posto que dende fai unhas semanas temos coñecemento do vertido de "péllets" nas nosas costas, provocando un desastre mariño do que nós tamén nos fixemos eco polo que nos puxemos mans á obra co que nos, dende o cole, podíamos aportar e axudar.

A nosa inxeñosa mesta de EF, como todos, moi comprometida co medio ambiente; reutilizou unhas vellas raquetas que xa non se empregaban por estar rotas pero que serviron perfectamente para peneirar os "pellets" e poder retiralos.


Ademais, contamos co familias voluntarias que se uniron á recollida!

A continuación deixovos as novas que nos fixeron e que podedes consultar nestes links:

A VOZ DE GALICIA:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2024/01/12/ingeniosas-peneiras-ceip-as-bizocas-alumnado-pueda-retirar-pelets-playa/00031705090119343238417.htm

FARO DE VIGO: https://www.farodevigo.es/arousa/2024/01/13/compleja-busqueda-pelets-durante-tamizado-96834526.html

VOLTAMOS A ACCIÓN NO CLUB DE LECTURA

Despois da exposición dos diferentes booktrailers elaborados durante o primeiro trimestre no festival de nadal, como podedes ver na entrada adicada aos booktrailers demos comezo o luns 8 e mércores 10 de xaneiro ás primeiras sesións do club de lectura do 2024.

Nesta ocasión, prepararemos un contacontos para educación infantil, con diferentes contos sobre animais, o noso proxecto deste curso. 

Aquí podedes ver os diferentes libros que imos ler e como os están a preparar!

Ánimo!









luns, 8 de xaneiro de 2024

FESTIVAL DE NADAL 2023

A última xornada do trimestre no cole estivo chea de maxia, actuacións, risas e moitas panxoliñas!! Como sempre, as familias estiveron invitadas a asistir e acompañáronnos neste día tan especial para todos e todas!


O festival, presentado polo alumnado de 6º de EP, comezou coa actuación do alumnado de 3º de EP, tocando "Alouette", unha canción popular francesa con carillóns. Moi bo traballo! 

(pinchade nas fotos para ver máis!)

A continuación,  o alumnado de 6º de EP presentounos unha obra de teatro inglés que fixeron fenomenal!

Seguiuse cunha panxoliña cantada e bailada polo alumnado de Ed. Infantil, que tamén fixeron incrible!
O alumnado de 1º ciclo de EP tamén tivo o seu momento interpretando e dramatizando a panxoliña "Folerpiña" que nos emocionou a tod@s.

Logo proxectamos os Booktrailers que club de lectura que poderedes ver na entrada do blog correspondente; pinchando na lapela do club de lectura. Moi bo traballo!
 
De seguido, o alumnado de 3º e 4º de EP sorprendeunos cun rock das badaladas moi animado. Podedes ver os vídeos pinchando nas fotos!

E como non, tomamos as uvas de pre-fin de ano (que sustituímos con gusanitos) coas badaladas elaboradas polo alumnado de 5º de EP.   Aquí vos deixamos o vídeo das badaladas! Noraboa por esas interpretacións!
Ademais, tivemos unha sorpresa... a visita de Papa Noel en colaboración coa ANPA, que lle avisou para que se pasase polo noso cole e nos deixase uns pequenos agasallos que nos encantaron! Moitas grazas!!
Para finalizar esta xornada tan especial, compartimos a merendola coas familias e despedimos o primeiro trimestre e o ano dunha forma moi moi bonita! 


Tamén neste día o Banco de Alimentos das Rías Baixas de Pontevedra recolleron todos os alimentos donados polas familias durante o mes de decembro. Podedes ver a nova publicada pola asociación neste enlace:  https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid028PPSThQhLjRXgHMxGG1HwGSpeWbsU39VyhTSf7mRF9AREwU7pand8yxyWvJibBfbl&id=100004464011295&sfnsn=scwspwa 

Moitas grazas ás familias por asistir e colaborar!

Moi feliz ano novo 2024!!

VISITAMOS O IES DAS BIZOCAS PARA UN CONTACONTOS DE NADAL

O club de lectura do IES As Bizocas invitounos a asistir a uns contacontos de nadal a todos os nenos e nenas do cole o pasado día 20 de decembro! E alá fumos, desexosas de ver que nos tiñan preparado!

Dividíronnos en dous grupos e léronnos contos de nadal, polo que o pasamos moi moi ben!

Moitas grazas pola invitación!