xoves, 30 de novembro de 2023
II EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA SOBRE O PDI
luns, 27 de novembro de 2023
CONMEMORACIÓN POLO 25N
Como sabedes, cada 25N seguimos loitando e reivindicando os dereitos das mulleres no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.
Ademais, o alumnado de 4º de EP interpretou para todo o alumnado a canción "A veciña do cuarto" das Fillas de Cassandra acompañadas de pandeireta, seguido dun manifesto.
Por último, realizamos todos xuntos unha marcha simbólica arredor do cole na que alzamos a voz con diferentes lemas reivindicativos como "non máis violencia", "nin unha máis"... amosando as pancartas que realizamos durante estes días.
mércores, 22 de novembro de 2023
martes, 21 de novembro de 2023
TRABALLAMOS O PDI EN 5º e 6º DE ED. INFANTIL EN MÚSICA
luns, 20 de novembro de 2023
NOVO RECUNCHO DE INVESTIGACIÓN: CADERNOS DE CAMPO
O Equipo de Biblioteca organizou un novo recuncho no cole: investigación de animais e bichiños con cadernos de campo!
Seguindo co noso proxecto "Mergullámonos no mundo animal", cada vez que atopemos un bichiño ou animal poderemos observalo máis preto coas lupas e poderemos investigar sobre eles nos libros, ordenador, tablets...
xoves, 16 de novembro de 2023
CONTINUAMOS COS BOOKTRAILER NO CLUB DE LECTURA
A organización dos booktrailers vai a toda mecha!
Volvemos a reunirnos o luns 13 e o mércores 15 para seguir avanzando.
Pinchade no vídeo para ver como foron as últimas sesións!
mércores, 15 de novembro de 2023
O VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA IMPLÍCASE NO BLOG!
Como estades a ver, moitas das entradas do blog están a ser escritas polo voluntariado de biblioteca, desenvolvendo así a competencia dixital, relatando as actividades que eles mesmos están a vivir no cole.
Quen mellor para contalo que o propio alumnado?
En cada entrada do blog escrita polo alumnado voluntario de biblioteca levará os nomes dos autores/as.
MAGOSTO ENTRE XOGOS TRADICIONAIS E CASTAÑAS
mércores, 8 de novembro de 2023
NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA
Nestas últimas sesións (30 de outubro e 8 de novembro) o traballo consistiu en seguir coa organización do Booktrailer do libro das Formigas.
Neste esquema deben indicar as imaxes, fotos, vídeos e textos que aparecerán no Booktrailer final que se presentará no festival de Nadal.
Xa pronto comezaremos a empregar os Ipads para darlle forma!
Vémonos na próxima sesión!
luns, 6 de novembro de 2023
TRABALLAMOS OS ANIMAIS DE SAMAÍN NA MATERIA DE INGLÉS
O alumnado de Ed. Primaria traballou durante estes días na materia de inglés sobre o proxecto actual en relación aos animais do Samaín.
Pinchade no vídeo para velo!
ED. INFANTIL INVESTIGA OS ANIMAIS DO SAMAÍN
Afondando no proxecto deste curso, en Ed. infantil realizou as primeiras investigacións en relacion ao PDI!
Pinchade no vídeo para velo:
venres, 3 de novembro de 2023
GAÑADORA DO LOGO DO CLUB DE LECTURA
xoves, 2 de novembro de 2023
UN SAMAÍN ENTRE ANIMAIS
Este 31 de outubro celebramos no cole o Samaín!
A xornada comezou preparando unhas merendas terroríficas e saudables por ciclos, para despois facer unha pequena exposición, e, por suposto, merendalas todos xuntos no ximnasio!
Que delicia!
Logo vimos todos xuntos os traballos en relación a PDI deste curso: "Mergullámonos no mundo animal".
En Ed. nfantil cantaron a canción "Corre, corre cabaciña", en 1º ciclo inventaron conxuros de samaín nos que os principais ingredientes da receita eran animais e 2º ciclo creou un conto con animais como protagonistas, que poderedes ver pinchando na imaxe!
En 5º de EP realizaron entrevistas a animais terroríficos inventados que poderedes escoitar pinchando na imaxe:
Tamén fixemos un photocall de medo: