Coa chegada do outono o noso Sabichón volta a abrir as portas da biblioteca do C.E.I.P. AS BIZOCAS!
Durante o mes de outubro, a nosa biblioteca volverá encherse de historias, personaxes, imaxinación e moitas ganas de ler. Será un lugar para descubrir novos libros e xogos, compartir recomendacións, deixar voar a fantasía e gozar da lectura e do xogo en boa compañía.
E temos outra gran novidade… tamén comeza o noso Club de Lectura!
Será un espazo para reunirnos, falar dos libros que lemos, compartir opinións, descubrir novas historias e, sobre todo, gozar xuntos da maxia dos libros.

