Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado mércores desprazámonos ata a biblioteca de San Vicente para a obra de teatro "Titiricircus de Tanxarina".
Pasámolo moi ben e gustounos un montón!
Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado mércores desprazámonos ata a biblioteca de San Vicente para a obra de teatro "Titiricircus de Tanxarina".
Pasámolo moi ben e gustounos un montón!
Como sabedes, este trimestre estivemos inmersos na renovación das bibliotecas de aula con motivo da celebración da semana do libro.
Este venres, tras moitas semanas de esforzo e traballo para crear os mellores recunchos de lectura do centro; levouse a cabo o concurso de bibliotecas de aula, no que fixemos unha visita por todas elas para logo valoralas e decidir cales son as gañadoras.
Deixámosvos un vídeo da xornada, que foi moi emocionante!
Pronto se descubrirán as bibliotecas gañadoras! Moita sorte a tod@s!Este pasado martes tivemos de novo ás compañeiras de Xesta Brava para ensinarnos a facer un hotel de bechos e explicarnos a importancia dos insectos na nosa vida! Estivemos repasando os nomes de diferentes bichiños, o seu ciclo de vida... e logo puxémonos mans a obra, como podedes ver nos vídeos.
A pasada semana o alumnado de infantil e 1º ciclo participou nun obradoiro de "bechoconstrución". Tratouse dunha actividade na que o alumnado tivo que construir un hotel de bechos empregando materiais da natureza e algún refugallo.
Ao rematar fixemos unha busca de bechos polo noso patio. Aquí podedes ver un pequeno resumo!
Dende comezos do terceiro trimestre, o alumnado do club de lectura está inmerso nun novo libro, esta vez, de teatro. Trátase do libro "Somos os monstros" de Paula Carballeira.
Veremos que podemos facer! Por agora... a ler!