martes, 20 de outubro de 2026

TV SABICHÓN - COMEZA A GRAN AVENTURA: APERTURA DO PDI "BIZONATUREZA"

COMEZA A AVENTURA "BIZONATUREZA"

Xa está dispoñible o vídeo de presentación do PDI do curso 26-27!

O noso alumnado de 6º de Primaria, dende a materia de Proxecto Competencial, foi o encargado de elaborar o vídeo de presentación do Proxecto Documental Integrado (PDI) deste curso.

Para a súa creación, os nenos e nenas realizaron varias saídas á contorna, elaborando unha completa reportaxe audiovisual (con fotos e vídeos) que amosa os incribles recunchos e a paisaxe privilexiada que rodean o noso colexio. Un auténtico percorrido polo "paraíso" no que temos a sorte de aprender cada día!

👇 Non vos perdades o gran traballo do noso alumnado!



luns, 19 de outubro de 2026

PDI 26/27 : BIZONATUREZA

Xa temos logo e nome para o noso PDI deste curso!

Hoxe foi un día moi especial no CEIP As Bizocas. A emoción e a creatividade foron as grandes protagonistas xa que as voluntarias de biblioteca fixeron a entrega dos premios do PDI.

Queremos dar un aplauso moi forte aos nosos dous grandes gañadores/as deste ano:

Premio ao mellor logo: Para Nora, de 3º de Educación Primaria, pola súa orixinalidade e gran talento artístico. A súa creación será a imaxe oficial que nos acompañará ao longo de todo o proxecto!



Premio ao mellor nome: Para o alumnado de Educación Infantil, que coas súas grandes ideas e entusiasmo conseguiron darlle a mellor identidade ao noso proxecto.


Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado por participar.

Agora que xa temos imaxe e nome... que comece a aventura! 

sábado, 17 de outubro de 2026

O CLUB DE LECTURA...COMEZA A SÚA ANDADURA!

 Esta semana, o alumnado de quinto e sexto participante no Club de Lectura do C.E.I.P. As Bizocas asistiu á súa primeira xornada.

Tras a lectura dunha carta de benvida recibiron tamén un un marcapáxinas personalizado como agasallo para disfrutar das lecturas do curso.

Despois participaron nun emocionante xogo de escape no que tiveron que ir superando uns retos para descubrir o título da primeira lectura do curso. E o título do primeiro libro será...

  "Plan de rescate", de Antía Yáñez.

        

 





xoves, 15 de outubro de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebra o Día das Bibliotecas cun libro nas mans e un sorriso!

Que mellor forma hai de conmemorar o Día das Bibliotecas que cun bo libro entre as mans? 

Para nós, as bibliotecas son moito máis que estantes cheos de libros: son lugares de encontro, de descubrimento e de momentos compartidos. Por iso, este ano queremos celebrar este día tan especial xuntos e do xeito máis orixinal.

📅 Onde e cando?

  • Data: Venres, 23 de outubro

  • Lugar: Espazo fotográfico na entrada da centro

Como podes participar?

  1. Trae o teu libro favorito: Ese que che fixo soñar, rir, emocionar ou que reles unha e outra vez.

  2. Crea un recordo único: Pásate polo espazo especial que teremos preparado na entrada e saca cos/as teus/túas compañeiros/as unha fotografía para inmortalizar o momento.

  3. Comparte a túa historia: Despois de facer a foto, aproveita para recomendarlla aos teus compañeiros e compañeiras e contarlle por que é tan especial para ti.

Esperámosvos coas mans abertas e os libros preparados!

— O Equipo da Biblioteca


martes, 13 de outubro de 2026

COMEZAN AS LABORES DO VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

 Neste mes de outubro os voluntarios e voluntarias da biblioteca do C.E.I.P As Bizocas xa realizaron a formación inicial de usuarios e comezaron a realizar as súas labores de axuda na biblioteca. 

No corredor poderedes ver que ben lles quedou a exposición de libros de Outono e Samaín que temos na biblioteca. Non vola podedes perder.





mércores, 30 de setembro de 2026

EN OUTUBRO...ABRIMOS A BIBLIOTECA!

Coa chegada do outono o noso Sabichón volta a abrir as portas da biblioteca do C.E.I.P. AS BIZOCAS!

Durante o mes de outubro, a nosa biblioteca volverá encherse de historias, personaxes, imaxinación e moitas ganas de ler. Será un lugar para descubrir novos libros e xogos, compartir recomendacións, deixar voar a fantasía e gozar da lectura e do xogo en boa compañía.

E temos outra gran novidade… tamén comeza o noso Club de Lectura!

Será un espazo para reunirnos, falar dos libros que lemos, compartir opinións, descubrir novas historias e, sobre todo, gozar xuntos da maxia dos libros.