Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de outubro de 2026

CONTACONTOS DE BEA CAMPOS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

              
E como colofón á celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, tivemos a sorte de contar coa contacontos BEA CAMPOS, que nos deleitou coa súa particular versión do conto  "Os tres osos". Bea conseguiu co seu talento mergullar a grandes e pequenos no interior dunha maleta que se converteu nunha casa de osos na que non faltaba detalle.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!! 







DÍA DAS BIBLIOTECAS NAS BIZOCAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS NAS BIZOCAS


Hoxe celebramos no colexio o DÍA DAS BIBLIOTECAS cun photocall no que o alumnado de cada curso ou ciclo tivo que posar co libro favorito que trouxo da casa.
Xa nas aulas cos mestres e mestras algúns nenos e nenas explicaron aos compañeiros por que escolleron ese libro, fixeron resumos do argumento... e rematamos a xornada cun contacontos moi entretido.















 

mércores, 30 de setembro de 2026

EN OUTUBRO...ABRIMOS A BIBLIOTECA!

Coa chegada do outono o noso Sabichón volta a abrir as portas da biblioteca do C.E.I.P. AS BIZOCAS!

Durante o mes de outubro, a nosa biblioteca volverá encherse de historias, personaxes, imaxinación e moitas ganas de ler. Será un lugar para descubrir novos libros e xogos, compartir recomendacións, deixar voar a fantasía e gozar da lectura e do xogo en boa compañía.

E temos outra gran novidade… tamén comeza o noso Club de Lectura!

Será un espazo para reunirnos, falar dos libros que lemos, compartir opinións, descubrir novas historias e, sobre todo, gozar xuntos da maxia dos libros.