Xa temos logo e nome para o noso PDI deste curso!
Hoxe foi un día moi especial no CEIP As Bizocas. A emoción e a creatividade foron as grandes protagonistas xa que as voluntarias de biblioteca fixeron a entrega dos premios do PDI.
Queremos dar un aplauso moi forte aos nosos dous grandes gañadores/as deste ano:
Premio ao mellor logo: Para Nora, de 3º de Educación Primaria, pola súa orixinalidade e gran talento artístico. A súa creación será a imaxe oficial que nos acompañará ao longo de todo o proxecto!
Premio ao mellor nome: Para o alumnado de Educación Infantil, que coas súas grandes ideas e entusiasmo conseguiron darlle a mellor identidade ao noso proxecto.
Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado por participar.
Agora que xa temos imaxe e nome... que comece a aventura!
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario