martes, 20 de outubro de 2026

COMEZA A GRAN AVENTURA: APERTURA DO PDI "BIZONATUREZA"

COMEZA A AVENTURA "BIZONATUREZA"

Xa está dispoñible o vídeo de presentación do PDI do curso 26-27!

O noso alumnado de 6º de Primaria, dende a materia de Proxecto Competencial, foi o encargado de elaborar o vídeo de presentación do Proxecto Documental Integrado (PDI) deste curso.

Para a súa creación, os nenos e nenas realizaron varias saídas á contorna, elaborando unha completa reportaxe audiovisual (con fotos e vídeos) que amosa os incribles recunchos e a paisaxe privilexiada que rodean o noso colexio. Un auténtico percorrido polo "paraíso" no que temos a sorte de aprender cada día!

👇 Non vos perdades o gran traballo do noso alumnado!



Ningún comentario:

Publicar un comentario