Como sabedes, este trimestre estivemos inmersos na renovación das bibliotecas de aula con motivo da celebración da semana do libro.
Este venres, tras moitas semanas de esforzo e traballo para crear os mellores recunchos de lectura do centro; levouse a cabo o concurso de bibliotecas de aula, no que fixemos unha visita por todas elas para logo valoralas e decidir cales son as gañadoras.
Deixámosvos un vídeo da xornada, que foi moi emocionante!
Pronto se descubrirán as bibliotecas gañadoras! Moita sorte a tod@s!Esta actividade, enmarcada dentro dos retos de polos creativos. Trátase do kit singular "Design Thinking"; plantexouse un desafío (establecer en cada aula un recuncho de lectura agradable, orixinal, creativo...) e atopar unha solución innovadora. Implicou a observación, a xeración de ideas e resolución do reto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario