Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de marzo de 2026

DO COSMOS AOS TITULARES: O 8M NA NOSA BIBLIOTECA

Con motivo da Semana da Prensa, no cole realizamos diferentes actividades para achegar o alumnado ao mundo dos xornais e da información, sempre conectándoo co noso proxecto deste curso sobre o universo.

Durante estes días, o alumnado participou traendo recortes de prensa relacionados coa muller: noticias sobre científicas, deportistas, artistas ou mulleres que destacan en diferentes ámbitos. Con todos estes recortes elaboramos un mural chulísimo, no que fomos colocando as noticias e comentando o que contaban.

Queremos tamén agradecer ás familias a súa colaboración, axudando a buscar e traer estes recortes de prensa, xa que grazas á súa participación foi posible crear este mural tan especial. 💜

Ademais, durante a súa hora semanal de biblioteca, cada curso participou nos Xogos do xornal, unha serie de actividades preparadas polo equipo de biblioteca. O alumnado puido resolver sopas de letras con palabras como planeta, galaxia ou astronauta, completar crucigramas con termos do universo e descubrir significados de palabras relacionadas co espazo.

As actividades estaban adaptadas a diferentes niveis segundo os ciclos, para que todo o alumnado puidese participar: os máis pequenos traballaron con palabras máis sinxelas e apoio visual, mentres que os maiores tiveron retos algo máis complexos.

Deste xeito, combinamos prensa, lectura e xogos de palabras para seguir aprendendo sobre o universo dun xeito divertido e participativo. 



luns, 9 de marzo de 2026

UN UNIVERSO DE MULLERES: CONMEMORAMOS O 8M

 Este ano, para conmemorar o 8 de marzo, o noso alumnado participou nunha pequena manifestación por todo o colexio, portando lemas que lembraban a importancia do respecto e da igualdade. 

Foi emocionante ver como cada recuncho do centro se encheu de mensaxes de apoio ás mulleres e á igualdade de xénero.

Ao rematar a manifestación, unha nena de cada curso de 3º, 4º, 5º e 6º tomou a radio do colexio para facer unha locución en directo sobre o 8M. 

Nela explicaron as cancións que se elixiron este mes para homenaxear ás mulleres: "Ni una más" de Aitana, Tanxugueiras e Fillas de Cassandra. Tamén presentaron os lemas que cada curso inventou para promover o respecto e a igualdade nas escaleiras e en todo o colexio.


Ademais, pedimos a colaboración das familias para traer recortes da prensa sobre mulleres relevantes. Con eles, montamos un mural moi chulo no corredor, que agora podemos visitar e aprender máis sobre diferentes mulleres e os seus logros.

 Moitas grazas familias pola colaboración!

Foi un día moi especial, no que todos e todas participamos para visibilizar a importancia da igualdade e do respecto cara ás mulleres, aprendendo e disfrutando xuntos.

venres, 7 de marzo de 2025

8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Cada 8 de Marzo conmemoramos no cole o Día Internacional da Muller, unha data na que lembramos a loita das mulleres pola igualdade de xénero e os seus dereitos.   
Durante esta xornada, todos os cursos pasaron pola biblioteca para realizar un xogo.

A través dun trivial robótico, fumos coñecendo a vida e obra de diferentes mulleres na historia importantes nas 8 artes (música, danza, literatura, escultura, arquitectura, pintura, cine e teatro), como non podía ser doutro xeito.

 

Empregando os robots de polos creativos, e seguindo as instrucións que vedes a continuación, xogaron en dous equipos, buscando información nos libros da biblioteca que empregamos para a PDI.

 

Ademais, realizamos unha pequena manifestación ao redor do cole con carteis e unha batucada. Para rematar, finalizamos a conmemoración lendo un manifesto en prol dos dereitos das mulleres.

Lembramos que esta data non é ningunha celebración, senon unha conmemoración resaltando que é unha oportunidade para reflexionar sobre os avances conseguidos e os desafíos pendentes na busca dunha sociedade máis xusta e equitativa e  lembramos algunhas mulleres que loitaron polo cambio social e a liberdade no ámbito das artes.


xoves, 14 de marzo de 2024

8M ENTRE INVESTIGACIÓNS E ACTUACIÓNS MUSICAIS

O pasado venres conmemoramos no cole o 8M (Día da Muller) con diversas actividades:

durante o día, todos os cursos visualizaron o vídeo: "Raspiña, Shu e as mulleres do mar"; onde nos falan da importancia das mulleres no mar. 

Ademais, os protagonistas do vídeo son animais do oceáno, polo que fixemos unha pequena investigación dos animais que aparecen no vídeo, así como diferentes científicas que traballaron no mar.

O alumnado de infantil, 1º  e  2º ciclo levaron a cabo investigacións da centola, lumbrigante, ameixa, ourizo, rape e a raia empregando os fondos bibliográficos seleccionados polo Equipo de Biblioteca: 




PINCHADE NAS FOTOS PARA VER MÁIS!

O alumnado de 5º e 6º de EP investigou diferentes mulleres científicas do mar empregando os ordenadores.

Logo, o alumnado de 5º de EP leu un pequeno manifesto e cantou un fragmento da canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras e o alumnado de 6º de EP realizou unha batucada, preparada ambas actuacións coa mestra de música e danza; que poderedes ver se pinchades AQUÍ.

PRÓXIMAMENTE COLGAREMOS AS INVESTIGACIÓNS REALIZADAS...ESTADE ATENT@S!



martes, 14 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

 Como saberedes, este mércores 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller. Durante toda a semana estivemos traballando sobre diferentes profesións e investigando quenes foran as primeiras mulleres que formaran parte de cada unha delas.  Cada curso escolleu unha profesión e analizamos os datos atopados. 


Ademais, as familias colaboraron traendo ao cole unha flor, que forma parte dun precioso mural na entrada do cole e que representa a Frida Khalo, unha muller moi importante na reivindicación feminista e no día 8M.  Moitas grazas pola vosa colaboración!



Así mesmo, durante o día, os voluntarios e voluntarias de biblioteca repartiron a todo o alumnado uns pins do 8M coa ruleta representativa das ODS, posto que este día se relaciona principalmente coa ODS5.

luns, 21 de marzo de 2022

PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"

 Xoves 10 e venres 11 de marzo de 2022

"DONAS DE SI"

Ao longo de dúas xornadas, os alumnos/as de todos os cursos do colexio participaron nos obradoiros do programa "Donas de si", que teñen como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.

Podedes ver un pouquiño máis no vídeo que elaboramos. Premede para acceder.


xoves, 10 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021/2022

O día 8 de MARZO conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión as nenas e nenos de  6.º de Primaria encargáronse de decorar a biblioteca cuns bonitos carteis de mulleres que foron importantes ao longo da historia. Ademais prepararon pulseiras para todo o alumnado do colexio que eles/elas mesmos repartiron e colocaron. Quedaron preciosas!

 Se queredes ver como foi o noso 8M premede no seguinte vídeo.

FELIZ DÍA DA MULLER!

luns, 14 de febreiro de 2022

11 DE FEBREIRO.

 

Día internacional da muller e da nena na ciencia.

Este ano coñecemos a moitas científicas que fixeron grandes descubrimentos e acadaron importantes logros pero que na súa época non tiveron o recoñecemento que merecían.

Velaquí tendes unha pequena mostra de todo o que traballamos...









venres, 19 de marzo de 2021

8M

 O 8 de marzo é o Día internacional da muller. O grupo de 5 anos cóntanos quen é a muller da súa vida.
Preme na imaxen.



A aula de infantil de 3 e 4 anos cóntanos quen son as mulleres da súa vida.

Preme na imaxen.
 

O grupo de 3º fixo un moi bo traballo de investigación sobre diferentes mulleres que destacaron ao longo da historia.

Preme na imaxen para velas.