O pasado mércores 28 o alumnado de 5º e 6º realizou unha actividade de avistamento de aves grazas a colaboración do Concello do Grove e SEO. (Sociedade Española de Ornitoloxía).
Primeiramente recibimos unha charla informativa na que aprendemos sobre a migración das aves, porque as aves fan parada no Grove, a importancia do coidado destas... etc.
Posteriormente fomos ata a Toxa e entregáronnos un caderno, unha guía e uns prismáticos a cada un. Tamén contábamos con varios telescopios, polo que tiñamos que ir anotando os nomes científicos e comúns das aves que observábamos, como o cormorán, a garceta, a garza real...
Aprendemos un montón e pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario