luns, 18 de marzo de 2024

"O CARNAVAL DOS ANIMAIS" DE CAMILLE SAINT-SAËNS EN 4º ED. INFANTIL

Nas sesións de música en Educación infantil seguimos traballando no noso proxecto "Mergullámonos no mundo animal", esta vez co "Carnaval dos animais" de Camille Saint -Saens.

A primeira sesión consistiu nunha audición activa da "Marcha do león" xunto cun pequeno vídeo que nos axudou a comprender a peza.

Logo convertímonos en verdadeiros leóns que durmiron, pasearon pola selva e ata ruxiron un pouco; como podedes comprobar nas seguintes fotos:


A segunda sesión consistiu na audición "O cuco na profundidade do bosque". 


Para iso, convertímonos en verdadeiros cucos e aprendemos a escoitar ao cuco e saír da profundidade do bosque cando soaba o seu chío. Aquí os podedes ver!


Na terceira sesión escoitamos a audición "O canguro", empregando un pequeno canguro de papel que nos axudou a comprender os conceptos rápido/lento mentres escoitabamos a peza. Logo convertémonos en canguros e saltamos pola aula seguindo o ritmo da audición.

Na cuarta sesión lembramos os animais que traballamos ata o momento, e que ben! acordámonos de todos! A continuación escoitamos unha nova peza, o "Acuario", onde neste caso os protagonistas eran os peixiños.

 Esta vez empregamos panos de cores, que imitaban ás diferentes cores dos peixes para distinguir as dúas partes da peza con diferentes movementos; a parte A con movementos circulares e a parte B con movementos en zig zag. Foi todo un éxito!

Por último, e para por rematadas as actividades co Carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns, escoitamos a audición "Personajes de largas orejas" para traballar os conceptos grave e agudo. 

Para iso empregamos unha frauta de émbolo, que nos fixo moita gracia e coa que o pasamos xenial mentres saltábamos cando a frauta soaba de grave a agudo e nos agochabamos cando a frauta soaba de agudo a grave. Por último coñecemos por primeira vez ao carillón, co que experimentamos e tocamos sons agudos e graves.

Ata aquí as actividades do Carnaval dos animais! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario