Este ano, para conmemorar o 8 de marzo, o noso alumnado participou nunha pequena manifestación por todo o colexio, portando lemas que lembraban a importancia do respecto e da igualdade.
Foi emocionante ver como cada recuncho do centro se encheu de mensaxes de apoio ás mulleres e á igualdade de xénero.
Ao rematar a manifestación, unha nena de cada curso de 3º, 4º, 5º e 6º tomou a radio do colexio para facer unha locución en directo sobre o 8M.
Nela explicaron as cancións que se elixiron este mes para homenaxear ás mulleres: "Ni una más" de Aitana, Tanxugueiras e Fillas de Cassandra. Tamén presentaron os lemas que cada curso inventou para promover o respecto e a igualdade nas escaleiras e en todo o colexio.
Ademais, pedimos a colaboración das familias para traer recortes da prensa sobre mulleres relevantes. Con eles, montamos un mural moi chulo no corredor, que agora podemos visitar e aprender máis sobre diferentes mulleres e os seus logros.
Moitas grazas familias pola colaboración!
Foi un día moi especial, no que todos e todas participamos para visibilizar a importancia da igualdade e do respecto cara ás mulleres, aprendendo e disfrutando xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario