venres, 7 de marzo de 2025

8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Cada 8 de Marzo conmemoramos no cole o Día Internacional da Muller, unha data na que lembramos a loita das mulleres pola igualdade de xénero e os seus dereitos.   
Durante esta xornada, todos os cursos pasaron pola biblioteca para realizar un xogo.

A través dun trivial robótico, fumos coñecendo a vida e obra de diferentes mulleres na historia importantes nas 8 artes (música, danza, literatura, escultura, arquitectura, pintura, cine e teatro), como non podía ser doutro xeito.

 

Empregando os robots de polos creativos, e seguindo as instrucións que vedes a continuación, xogaron en dous equipos, buscando información nos libros da biblioteca que empregamos para a PDI.

 

Ademais, realizamos unha pequena manifestación ao redor do cole con carteis e unha batucada. Para rematar, finalizamos a conmemoración lendo un manifesto en prol dos dereitos das mulleres.

Lembramos que esta data non é ningunha celebración, senon unha conmemoración resaltando que é unha oportunidade para reflexionar sobre os avances conseguidos e os desafíos pendentes na busca dunha sociedade máis xusta e equitativa e  lembramos algunhas mulleres que loitaron polo cambio social e a liberdade no ámbito das artes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario