Como saberedes, este mércores 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller. Durante toda a semana estivemos traballando sobre diferentes profesións e investigando quenes foran as primeiras mulleres que formaran parte de cada unha delas. Cada curso escolleu unha profesión e analizamos os datos atopados.
Ademais, as familias colaboraron traendo ao cole unha flor, que forma parte dun precioso mural na entrada do cole e que representa a Frida Khalo, unha muller moi importante na reivindicación feminista e no día 8M. Moitas grazas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario