luns, 27 de novembro de 2023

CONMEMORACIÓN POLO 25N

Como sabedes, cada 25N seguimos loitando e reivindicando os dereitos das mulleres no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.


Para iso no cole, elaboramos entre todos e todas un mural co lema "MÓVETE POLO 25N" que nos quedou así de ben:



Ademais, o alumnado de 4º de EP interpretou para todo o alumnado a canción "A veciña do cuarto" das Fillas de Cassandra acompañadas de pandeireta, seguido dun manifesto.

Por último, realizamos todos xuntos unha marcha simbólica arredor do cole na que alzamos a voz con diferentes lemas reivindicativos como "non máis violencia", "nin unha máis"... amosando as pancartas que realizamos durante estes días.


PINCHADE NAS FOTOS PARA VER MÁIS!

mércores, 22 de novembro de 2023

martes, 21 de novembro de 2023

TRABALLAMOS O PDI EN 5º e 6º DE ED. INFANTIL EN MÚSICA

Estas semanas estivemos traballando en 5º e 6º de Educación Infantil en relación ao conto de "Pedro e o Lobo", un clásico que nos permitiu traballar con diferentes animais e asocialos a un motivo musical que identificamos, así como a unha serie de instrumentos. Así, demos continuación ao proxecto deste curso a través da música.

Primeiro visualizamos o conto  e logo fixemos diferentes actividades en relación ao mesmo:
- Relacionar personaxes e instrumentos:

- Memory de personaxes e memory de instrumentos

- Genially interactivo no que escoitamos os diferentes motivos musicais e os identificamos co seu personaxe. Se pinchades na foto podedes acceder ao xogo!
Como vedes, seguimos mergullándonos no mundo animal, esta vez a través da música!

luns, 20 de novembro de 2023

NOVO RECUNCHO DE INVESTIGACIÓN: CADERNOS DE CAMPO

O Equipo de Biblioteca organizou un novo recuncho no cole: investigación de animais e bichiños con cadernos de campo!

Seguindo co noso proxecto "Mergullámonos no mundo animal", cada vez que atopemos un bichiño ou animal poderemos observalo máis preto coas lupas e poderemos investigar sobre eles nos libros, ordenador, tablets...

Ademais, levaremos un rexistro de todos eles no caderno de campo, anotando a información máis importante: alimentación, hábitat, reprodución, estrutura...

En Educación Infantil xa fixeron a súa primeira folla do caderno de campo! Podedes vela a continuación: 

Ademais, as familias tamén poderán participar enviando fotos ao seguinte Padlet: https://padlet.com/bibliogalegoasbizocas/animais-polo-cami-o-xug7npr9o72m5wh7

achegando fotos de bichiños ou animaliños que se van atopando para despois cubrir na aula o noso caderno de campo. 

Vai quedar chulísimo!

xoves, 16 de novembro de 2023

CONTINUAMOS COS BOOKTRAILER NO CLUB DE LECTURA

A organización dos booktrailers vai a toda mecha! 

Volvemos a reunirnos o luns 13 e o mércores 15 para seguir avanzando.

Pinchade no vídeo para ver como foron as últimas sesións!




mércores, 15 de novembro de 2023

O VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA IMPLÍCASE NO BLOG!

Como estades a ver, moitas das entradas do blog están a ser escritas polo voluntariado de biblioteca, desenvolvendo así a competencia dixital, relatando as actividades que eles mesmos están a vivir no cole. 

Quen mellor para contalo que o propio alumnado?

En cada entrada do blog escrita polo alumnado voluntario de biblioteca levará os nomes dos autores/as.