O Equipo de Biblioteca organizou un novo recuncho no cole: investigación de animais e bichiños con cadernos de campo!
Seguindo co noso proxecto "Mergullámonos no mundo animal", cada vez que atopemos un bichiño ou animal poderemos observalo máis preto coas lupas e poderemos investigar sobre eles nos libros, ordenador, tablets...
Ademais, levaremos un rexistro de todos eles no caderno de campo, anotando a información máis importante: alimentación, hábitat, reprodución, estrutura...
En Educación Infantil xa fixeron a súa primeira folla do caderno de campo! Podedes vela a continuación:
Ademais, as familias tamén poderán participar enviando fotos ao seguinte Padlet: https://padlet.com/bibliogalegoasbizocas/animais-polo-cami-o-xug7npr9o72m5wh7
achegando fotos de bichiños ou animaliños que se van atopando para despois cubrir na aula o noso caderno de campo.
Vai quedar chulísimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario