Estas semanas estivemos traballando en 5º e 6º de Educación Infantil en relación ao conto de "Pedro e o Lobo", un clásico que nos permitiu traballar con diferentes animais e asocialos a un motivo musical que identificamos, así como a unha serie de instrumentos. Así, demos continuación ao proxecto deste curso a través da música.
Primeiro visualizamos o conto e logo fixemos diferentes actividades en relación ao mesmo:
- Genially interactivo no que escoitamos os diferentes motivos musicais e os identificamos co seu personaxe. Se pinchades na foto podedes acceder ao xogo!
Como vedes, seguimos mergullándonos no mundo animal, esta vez a través da música!
Ningún comentario:
Publicar un comentario