luns, 27 de novembro de 2023

CONMEMORACIÓN POLO 25N

Como sabedes, cada 25N seguimos loitando e reivindicando os dereitos das mulleres no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.


Para iso no cole, elaboramos entre todos e todas un mural co lema "MÓVETE POLO 25N" que nos quedou así de ben:



Ademais, o alumnado de 4º de EP interpretou para todo o alumnado a canción "A veciña do cuarto" das Fillas de Cassandra acompañadas de pandeireta, seguido dun manifesto.

Por último, realizamos todos xuntos unha marcha simbólica arredor do cole na que alzamos a voz con diferentes lemas reivindicativos como "non máis violencia", "nin unha máis"... amosando as pancartas que realizamos durante estes días.


PINCHADE NAS FOTOS PARA VER MÁIS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario