Polo Día do Libro no cole puxémonos creativos e… viaxamos moi lonxe sen saír do sitio! 🚀📚
Creamos un mural moi especial co lema “Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro”, seguindo co noso proxecto do espazo PDI Bizocas en órbita. Cada neno e nena aportou a súa pequena gran contribución escribindo nunha estrela información sobre algún dos seus libros favoritos: autor/a, ilustrador/a, título, editorial e tamén a súa CDU.
Pouco a pouco, fomos enchendo o noso ceo de estrelas lectoras, construíndo entre todos unha galaxia chea de historias, aventuras e coñecemento. Unha forma diferente, divertida e moi nosa de celebrar o poder dos libros e todo o que nos fan descubrir.
Seguimos viaxando… quen sabe ata onde chegaremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario