A compañía teatral Pedras de Cartón, que traballa cos clásicos da literatura desde unha perspectiva diferente, presentounos unha obra protagonizada por un gran cachalote, un monicreque de tres metros creado polo monicrequeiro Iker Pérez.
Moby Dick conta a historia de Ismael, interpretado por Juan Rodríguez, un mozo que decide embarcarse nunha viaxe onde vivirá unha chea de aventuras en compañía deste cetáceo albino, protexéndoo da obsesiva persecución do capitán do barco.
Ademais de descubrir algún dato curioso, como que a última balea que se capturou en Europa foi en Caneliñas, Cee no ano 1985, factoría que funcionou en Galicia durante máis de 60 anos xunto a outras plantas galegas como a de Cangas e Xove.
Grazas ao concello do Grove pola súa colaboración para que os alumnos e alumnas de Infantil, 1°, 2º e 3º de primaria puidesen coñecer de preto a historia desta balea.
Desde o equipo de biblioteca, e con motivo da conmemoración do día de libro animámosvos a ler calquera adaptación desta novela de aventuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario