Amosando publicacións coa etiqueta Salnesiña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salnesiña. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de novembro de 2026

SALNESIÑA NO CEIP AS BIZOCAS

Unha visita inesquecible: Salnesiña despídese do noso cole para continuar a súa aventura!

Estes días tivemos a enorme fortuna de recibir no noso colexio unha convidada moi especial: Salnesiña, a entrañable personaxe creada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da nosa comarca. A súa misión principal era clara: encher cada recuncho do centro de alegría, tradición e, sobre todo, de moita lingua.

Durante a semana que pasou con nós, Salnesiña non parou nin un segundo. Con ela viñeron os seus famosos mandadiños, unha serie de retos divertidos cos que todo o alumnado se implicou ao máximo. Grazas a eles, os corredores e as aulas enchéronse de saúdos e despedidas en galego, momentos máxicos compartindo historias fascinantes e, por suposto, as nosas cancións preferidas cantadas a pleno pulmón na nosa lingua.

Na seguinte ligazón poderedes ver un vídeo de como nos foi esta semana:

https://drive.google.com/file/d/1_LorCqNZclIf5XnZffqjIiC9LrFjG0vk/view?usp=sharing

O paso de Salnesiña polo colexio deixou unha pegada fonda. Axudóunos a lembrar que falar en galego é algo natural, divertido e que nos une como comunidade escolar. Ademais, demostrounos que os pequenos xestos do día a día, como dar os bos días ou cantar xuntos, son a mellor maneira de manter viva a nosa cultura.

Pero as grandes viaxes nunca se detienen. Agora, Salnesiña recolle o seu equipaxe e prepárase para continuar a súa aventura por os demais centros escolares da Comarca do Salnés, levando a súa enerxía e os seus mandadiños a novos nenos e nenas.

Desde aquí queremos darlle as grazas por esta semana tan marabillosa e desexarlle moita sorte na súa ruta. 



Boa viaxe, Salnesiña! Esperamos verte de novo moi pronto!

luns, 2 de novembro de 2026

TV SABICHÓN - REPORTAXE "CASIÑA DAS FADAS"

🎥 TV Sabichón presenta: A nosa "casiña das fadas" cobra vida no PDI Bizonatureza! ✨🌿

Boas a toda á comunidade educativa!

Como xa sabedes, no CEIP As Bizocas non paramos de soñar, crear e aprender coa natureza. No marco do noso Proxecto Documental Integrado (PDI) "Bizonatureza", hoxe traémosvos unha novidade moi especial da man dos nosos reporteiros e reporteiras de TV Sabichón.

Os nosos medios do cole estiveron a pé de campo recollendo en vídeo e foto todo o proceso e o resultado da nosa nova "casiña das fadas", a espectacular cabaña de bioconstrucción estilo Hobbit que xa forma parte do noso patio.


📸 As mellores imaxes e a reportaxe en vídeo

Grazas á cobertura de TV Sabichón, podedes gozar dende xa da reportaxe audiovisual onde se amosa o incrible traballo do artista grovense José Luis Torres (o "Gaudí do Grove") e o Taller Triscal.



SALNESIÑA CHEGA AO CEIP AS BIZOCAS

Unha "casiña das fadas" e unha visita moi especial para encher o noso cole de galego e natureza! 🌿✨

Boas a todas e todos!

Xa temos todo listo para vivir unha semana inesquecible no noso colexio. O venres pasado, coincidindo coa inauguración da casiña do patio, recibimos unha visita moi especial: Salnesiña chega ao noso centro para coñecer a súa nova residencia de verán, na que quedará durante toda a semana.

A idea principal é que, aproveitando a súa estancia, intensifiquemos o uso do galego no centro. Para facelo máis divertido, propoñemos unha serie de mandadiños diarios para realizar na aula e no recreo. Por suposto, podemos varialos ou inventar outros novos: o único realmente importante é darlle máis presenza, vida e alegría á nosa lingua durante estes días.


Para quen aínda non a coñeza, Salnesiña é unha entrañable personaxe deseñada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da comarca do Salnés.


Prepárense, que a semana promete estar chea de magia, fadas e lingua! 💚