Unha "casiña das fadas" e unha visita moi especial para encher o noso cole de galego e natureza! 🌿✨
Boas a todas e todos!
Xa temos todo listo para vivir unha semana inesquecible no noso colexio. O venres pasado, coincidindo coa inauguración da casiña do patio, recibimos unha visita moi especial: Salnesiña chega ao noso centro para coñecer a súa nova residencia de verán, na que quedará durante toda a semana.
A idea principal é que, aproveitando a súa estancia, intensifiquemos o uso do galego no centro. Para facelo máis divertido, propoñemos unha serie de mandadiños diarios para realizar na aula e no recreo. Por suposto, podemos varialos ou inventar outros novos: o único realmente importante é darlle máis presenza, vida e alegría á nosa lingua durante estes días.
Para quen aínda non a coñeza, Salnesiña é unha entrañable personaxe deseñada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da comarca do Salnés.
Prepárense, que a semana promete estar chea de magia, fadas e lingua! 💚


Ningún comentario:
Publicar un comentario