xoves, 26 de xuño de 2025

REVISTA ESCOLAR 24/25

 🎉 XA ESTÁ AQUÍ A NOVA REVISTA ESCOLAR! 📰✨

Ola a todos e todas!

Temos unha nova que nos fai moita ilusión compartir con vós: estreámola nova edición da nosa revista escolar! 💥 Si, si, esa que levamos preparando con tanto traballo e ilusión.

Nesta revista vas atopar un pouco de todo: entrevistas, relatos, ilustracións feitas por nós, curiosidades, xogos, consellos e moito máis. Quixemos que reflicta o que vivimos no cole ao longo do curso, o que pensamos, o que sentimos e o que nos fai únicos.

Queremos agradecer a todos e todas as que participastes, dende os que escribistes ata quen axudou co deseño, correccións ou ideas tolas que acabaron funcionando xenial. E tamén ao profesorado por apoiar esta aventura creativa!

📚 Podes botarlle unha ollada aquí mesmo no blog ou ver un exemplar no cole.

Esperamos que vos guste tanto coma a nós facela. E xa sabedes… ¡a revista é vosa, así que a próxima edición pode levar a túa sinatura! 🖊️😉

Ata a próxima, artistas! Pinchade na foto para ver a REVISTA COMPLETA!
— O equipo EDLG.


mércores, 25 de xuño de 2025

FIN DE CURSO 24/25

Este venres 20, tras a exposicion do PDI, puxémoslle o ramo ao curso cun día cheo de emocións, risas e momentos inesquecibles. Como non podía ser doutro xeito, quixemos despedir este ano cun plan ben especial... e sobre todo, render homenaxe ao noso alumnado de 6º de Primaria, que comeza unha nova etapa chea de aventuras no instituto.


 


💬 Empezamos coa merenda, un momento de encontro e celebración no que compartimos froita e biscoitos (doados por unha familia do cole!).

🎶 E como xa é tradición, tivemos o noso baile conxunto de fin de curso! Todo o cole se puxo en movemento coa coreografía de “Expresso Machiato”, a cañera canción de Estonia en Eurovisión. Un momentazo cheo de ritmo, coordinación, moita enerxía e espírito de equipo. 



E para rematar... 🎲 xogos na praia! O mellor escenario posible para pechar o curso: area, sol, alegría e mooooitas ganas de pasalo ben. Carreras, xogos de auga, sorrisos e momentos para gardar na memoria.


Agora si, toca poñerlle o modo verán ao corpo 🌞. Grazas a todas as familias por formar parte deste día tan especial e por acompañarnos durante todo o curso. E aos nosos e nosas maiores… moitísima sorte no camiño que comezades!

Vémonos á volta con moitas ganas e novas aventuras que vivir!

Pinchade AQUÍ para ver todas as fotos!

PEQUEN@S ARTISTAS: UNHA EXPOSICIÓN CON MOITA ARTE

 O pasado venres 20 de xuño vivimos un deses días máxicos no CEIP As Bizocas: abrimos as portas do cole para compartir con todas as familias o traballo realizado ao longo do curso no Proxecto Documental Integrado (PDI). E que traballo! Foron meses de investigación, creación e moito entusiasmo arredor dun tema que nos encantou: as sete artes !

As familias chegaron ao cole ben puntuais, coa entrada de cine que recibiron nas súas casas todas aquelas que se inscribiran previamente! Ademais, tamén recibiron un pequeniño bote de palomitas de benvida, isto parece un verdadeiro cine!


 

A continuación dividímonos en 4 grupiños para pasar á parte máis máxica: Cada ciclo preparou unha zona temática na exposición, co alumnado como auténtico guía. Foron eles e elas quen explicaron o proceso, contaron anécdotas, ensinaron as súas creacións e deron vida á mostra. Un auténtico museo vivinte e dinámico no que a aprendizaxe saíu das aulas e se converteu en experiencia compartida.



E como broche final…  os retos artísticos para as familias (os retos que o alumnado do Bizocas foi resolvendo ao longo do curso!)



Durante media hora, peques e maiores xogaron, crearon e riron xuntos nun espazo cheo de propostas ubicados en diferentes puntos do centro: memory, crucigramas, teatro de sombras, croma, buscar letras nos cadros, recoñecer esculturas... é dicir, todos os retos que os nenos e nenas das bizocas foron resolvendo ao longo do curso!


As 7 artes protagonistas:

🎭 Teatro – xogamos a ser actores e actrices, fixemos dramatizacións, aprendemos o que é un guión, un escenario… e ata inventamos personaxes!

🎶 Música – descubrimos instrumentos, ritmos, sons do mundo e puxemos banda sonora á nosa vida escolar. Algúns grupos incluso crearon as súas propias cancións!

🎬 Cine – aprendemos como se fai unha película, exploramos o mundo dos planos, os xéneros, o guión e mesmo gravamos pequenos curtas, e ata experimentamos co croma!





🎨 Pintura e artes plásticas – experimentamos con materiais, cores, estilos e artistas de todos os tempos. As aulas enchéronse de cadros e obras orixinais.

🏛 Arquitectura – fixemos maquetas, exploramos construcións do mundo e mesmo deseñamos espazos soñados. Aprendimos a mirar os edificios con outros ollos.


📚 Literatura – mergullámonos en contos, poemas e historias creadas por nós, ilustrámolas e compartímolas coas familias.

💃 Danza – expresamos emocións co corpo, coñecimos diferentes estilos e culturas, e gozamos do movemento como forma de arte.

Ao rematar, as familias que se inscribiron tiveron un pequeno agasallo: un boli personalizado co sello das Bizocas! 


Con eles, cubriron unha rúbrica de avaliación para as familias, onde indicaron o seu nivel de satisfacción coa exposición da PDI. 


Foi unha mañá para lembrar, na que o esforzo de todo o curso cobrou sentido. Queremos dar as grazas:

🌟 Ao alumnado, por poñerlle tantas gañas e tanto corazón.
🌟 Ao profesorado, por facer posible este proxecto con dedicación, paixón e moita arte.
🌟 E ás familias, por vir, acompañar, participar e emocionarse con nós. Agardamos que para o vindeiro curso vos animedes a volver!

Esta exposición foi moito máis ca unha mostra de traballos: foi unha celebración do que significa aprender creando, facer comunidade e converter a escola nun espazo vivo, activo e cheo de posibilidades.

Porque nas Bizocas, a aprendizaxe é unha obra de arte 🎨💥 

E así damos por finalizada a PDI 24/25 PEQUEN@S ARTISTAS! 

Pinchade AQUÍ para ver todas as fotos! 

sábado, 14 de xuño de 2025

ENTREGA DO PREMIO Á GAÑADORA DO CONCURSO "PASAPORTE LECTOR"

 Xa temos a gañadora! Rematamos o concurso do pasaporte lector con moitas historias no peto e… entregámoslle o premio á nosa lectora máis aventureira.

¿Quen é? Ariadna Vidal, unha auténtica fan dos contos, que sumou lecturas, compartiu recomendacións e gozou de cada páxina. 

As voluntarias de biblioteca entregáronlle un agasallo sorpresa e un diploma para recoñecer todo o seu esforzo e agarimo polos libros. 

Grazas a todos/as pola participación!

Seguimos lendo!

PRESENTACIÓN DE "ALOIA E A SUA ESTRAÑA DOR DE BARRIGA"

 Hoxe tivemos un día moi especial no cole: a nosa mestra Ruth presentou o seu libro Aloia e a súa estraña dor de barriga, unha historia valente e emotiva escrita en galego.

 O conto conta como Aloia, que sempre leva pinzas de cores no pelo, comeza a sufrir dores de barriga cada vez que vai á escola, e a través do apoio do seu amigo Aldán, atopa o valor para falar sobre o acoso escolar e liberar ese peso emocional.

Para facer aínda máis memorable o momento, foi o alumnado de 2º de Primaria quen protagonizou o contacontos. Leron con agarimo, expresividade e moita emoción, e conseguíronnos transmitir a mensaxe de valentía, empatía e apoio mutuo que Ruth quería compartir.

Como recordo desta xornada, cada neno e nena do cole recibiu unha pinza de cabelo. Esta pinza non só serve para adornar, senón que simboliza ese impulso necesario para ASEGURARSE que ningún compañeiro ou compañeira quede calado antes o malestar. Un detalle sinxelo cun significado moi grande: recordarnos a todos a importancia de escoitar, acompañar e defender.

 

Grazas, Ruth, por compartir con nós esta historia tan bonita e grazas aos contacontos de 2º por emocionarnos. 



Que a pinza de cor que levades connosco sexa sempre un recordo de que aquí sempre temos uns aos outros.

venres, 13 de xuño de 2025

AGRADECEMENTO ÁS VOLUNTARIAS DE BIBLIOTECA!

 A nosa biblioteca non sería o que é sen a axuda desas persoas tan especiais que colaboran cada semana con nós: as nosas voluntarias.

Durante todo o curso, estiveron aí: organizando libros, preparando actividades, axudando cos préstamos, decorando espazos… e sempre cun sorriso e moitas ganas de sumar.

Foron un apoio imprescindible para que a nosa biblio siga sendo un lugar vivo, cheo de historias, lecturas e encontros.



Seguimos construíndo este espazo lector entre todos e todas!

xoves, 12 de xuño de 2025

TEMOS PORTADA GAÑADORA PARA A REVISTA ESCOLAR!

 Unha das cousas que máis ilusión nos fai cada ano é preparar a nosa revista escolar, onde recollermos todo o vivido no cole: actividades, contos, entrevistas, fotos, proxectos… ¡e moito máis!

Este curso  convocamos o concurso para elixir a portada, e a participación foi incrible! Chegaron creacións cheas de cor, imaxinación e moita creatividade. 

Tras moito valorar (porque escoller non foi nada doado!), xa temos gañadora.

A súa portada destacou polo seu deseño orixinal, polo xeito no que representa o noso cole… e pola ilusión que se nota en cada trazo. Por iso, quixemos entregarlle un pequeno premio como recoñecemento ao seu traballo.

Parabéns á nosa artista!
E grazas a todos e todas por participar con tanto entusiasmo. A vosa creatividade enche de vida a revista… e o cole enteiro!

Moi pronto poderedes ver a revista en papel, acompañada de todas as historias do curso. 

sábado, 7 de xuño de 2025

A NOSA BIBLIO, MÁIS NOSA QUE NUNCA!

A nosa incorporación ao PLAMBE está a darnos moitas alegrías… e tamén moitos cambios! Desde que formamos parte deste plan, a nosa biblioteca está a mellorar por fóra e por dentro.

Organizamos mellor os espazos, recolocamos os libros para que sexa máis doado atopalos, e puxémola máis bonita, máis acolledora… en resumo: máis ca nunca, unha biblio feita para desfrutar!

Pero o mellor de todo foi que estas melloras non as fixemos soas. Convocamos unha asemblea co equipo de voluntarios e voluntarias da biblio e recollimos todas as súas ideas. Opinións sobre como mellorar os recantos, onde colocar cousas, que quitar, que engadir… ¡menudo brainstorm fixemos! 

Ademais, tamén adicamos un espazo para suxerencias de mellora da biblioteca nas enquisas de valoracion que facemos a finais de curso.

Unha das novidades que máis nos gusta é que agora temos dous espazos ben diferenciados:
📚 Un recanto pensado para investigar, estudar ou buscar información, onde todo está organizado para facilitar a concentración.
🛋️ E outro espazo máis informal, con alfombras, coxíns e xogos, ideal para ler relaxadamente ou compartir momentos tranquilos entre libros.

Agora temos unha biblio máis funcional e máis nosa, porque foi creada entre todas e todos. E isto non remata aquí: seguimos soñando e construíndo unha biblioteca que nos represente e que nos faga sentir a gusto.

Porque cando participamos, todo mellora 💪📚✨


xoves, 5 de xuño de 2025

UNHA EXPOSICIÓN CON MOITA ARTE!

Este curso no cole estivemos a tope investigando coa arte: pintura, escultura, arquitectura, teatro, música, cine e literatura; enchendo as aulas de inspiración artística

E agora... toca ensinarvos todo o que aprendemos no noso Proxecto Documental Integrado deste curso 24/25 "Pequen@s artistas"! 

👉 Faremos unha exposición do noso PDI no cole e as familias estades oficialmente convidadas!

Para iso, teredes que anotar no seguinte formulario cantas persoas van acudir de cada familia, para poder organizar todo da mellor forma posible! 

 O último día para anotarvos será o martes 10 de xuño

📍 Onde? No cole, claro!
🕒 Cando?  Venres 20 de xuño de 9:00 a 10:30h. ⚠️ MOI IMPORTANTE SER PUNTUAIS!
👀 Que ides ver?  Pasaredes en pequenos grupos polas 4 estacións que teremos preparadas (Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo de EP) durante 10 minutiños en cada unha, onde o alumnado de cada ciclo vos irá explicando os seus traballos ao longo do curso.  Ao rematar, teremos 30 minutos para facer libremente diferentes retos de arte cos vosos fillos e fillas onde o pasaredes moi ben aprendendo e xogando!

Enlace para inscribirse:  https://forms.gle/vaSiBLgC41GF6S9G8 


💬 Traede os ollos ben abertos e moitas ganas de aprender co talento do noso alumnado.

Animádevos a asistir! As familias tamén formades parte desta aventura artística, a vosa visita é o mellor aplauso para o noso alumnado, que puxo corazón, cor e moita imaxinación en cada obra. así que aquí vos esperamos coa alfombra vermella posta!

mércores, 4 de xuño de 2025

UN TEATRO DE SOMBRAS MOI ESPECIAL

O alumnado de 5º de Primaria, inmerso no seu traballo do PDI, concretamente a arte do cine, preparou con moita ilusión unha fermosa representación de teatro de sombras para os nenos e nenas de Educación Infantil.


Elixiron lendas e contos para contarnos, crearon as siluetas, montaron o escenario e practicaron a posta en escena durante varios días. O resultado foi unha función chea de maxia, luz e creatividade.

Os máis pequenos seguiron a historia con moita atención e desfrutaron dunha experiencia inesquecible. Ao rematar, non faltaron os aplausos nin os sorrisos.

Parabéns aos artistas de 5º polo seu traballo e por compartir este momento tan especial!