sábado, 7 de xuño de 2025

A NOSA BIBLIO, MÁIS NOSA QUE NUNCA!

A nosa incorporación ao PLAMBE está a darnos moitas alegrías… e tamén moitos cambios! Desde que formamos parte deste plan, a nosa biblioteca está a mellorar por fóra e por dentro.

Organizamos mellor os espazos, recolocamos os libros para que sexa máis doado atopalos, e puxémola máis bonita, máis acolledora… en resumo: máis ca nunca, unha biblio feita para desfrutar!

Pero o mellor de todo foi que estas melloras non as fixemos soas. Convocamos unha asemblea co equipo de voluntarios e voluntarias da biblio e recollimos todas as súas ideas. Opinións sobre como mellorar os recantos, onde colocar cousas, que quitar, que engadir… ¡menudo brainstorm fixemos! 

Ademais, tamén adicamos un espazo para suxerencias de mellora da biblioteca nas enquisas de valoracion que facemos a finais de curso.

Unha das novidades que máis nos gusta é que agora temos dous espazos ben diferenciados:
📚 Un recanto pensado para investigar, estudar ou buscar información, onde todo está organizado para facilitar a concentración.
🛋️ E outro espazo máis informal, con alfombras, coxíns e xogos, ideal para ler relaxadamente ou compartir momentos tranquilos entre libros.

Agora temos unha biblio máis funcional e máis nosa, porque foi creada entre todas e todos. E isto non remata aquí: seguimos soñando e construíndo unha biblioteca que nos represente e que nos faga sentir a gusto.

Porque cando participamos, todo mellora 💪📚✨


Ningún comentario:

Publicar un comentario