sábado, 14 de xuño de 2025

PRESENTACIÓN DE "ALOIA E A SUA ESTRAÑA DOR DE BARRIGA"

 Hoxe tivemos un día moi especial no cole: a nosa mestra Ruth presentou o seu libro Aloia e a súa estraña dor de barriga, unha historia valente e emotiva escrita en galego.

 O conto conta como Aloia, que sempre leva pinzas de cores no pelo, comeza a sufrir dores de barriga cada vez que vai á escola, e a través do apoio do seu amigo Aldán, atopa o valor para falar sobre o acoso escolar e liberar ese peso emocional.

Para facer aínda máis memorable o momento, foi o alumnado de 2º de Primaria quen protagonizou o contacontos. Leron con agarimo, expresividade e moita emoción, e conseguíronnos transmitir a mensaxe de valentía, empatía e apoio mutuo que Ruth quería compartir.

Como recordo desta xornada, cada neno e nena do cole recibiu unha pinza de cabelo. Esta pinza non só serve para adornar, senón que simboliza ese impulso necesario para ASEGURARSE que ningún compañeiro ou compañeira quede calado antes o malestar. Un detalle sinxelo cun significado moi grande: recordarnos a todos a importancia de escoitar, acompañar e defender.

 

Grazas, Ruth, por compartir con nós esta historia tan bonita e grazas aos contacontos de 2º por emocionarnos. 



Que a pinza de cor que levades connosco sexa sempre un recordo de que aquí sempre temos uns aos outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario