Xa temos a gañadora! Rematamos o concurso do pasaporte lector con moitas historias no peto e… entregámoslle o premio á nosa lectora máis aventureira.
¿Quen é? Ariadna Vidal, unha auténtica fan dos contos, que sumou lecturas, compartiu recomendacións e gozou de cada páxina.
As voluntarias de biblioteca entregáronlle un agasallo sorpresa e un diploma para recoñecer todo o seu esforzo e agarimo polos libros.
Grazas a todos/as pola participación!
Seguimos lendo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario